martes, 29 de maio de 2007

Un pouco de evasión


A estas alturas de curso non está un para ler libros longos nin pesados. Pero tamén é necesario desconectar. Eu propóñovos facer unha escapada a unha illa do Mediterráneo, a Corfú. Gerald Durrell pasou alí a súa infancia e publicou varios relatos nos que conta as súas aventuras. Gerald Durrel foi un naturalista famoso do século pasado e animado polo seu irmán, Lawrence Durrell, o famoso novelista e un dos persoaxes do relato, publicou varias obras nas que conta as súas andanzas infantis e presenta unha galería de personaxes entrañables, todo aderezado con moito humor.
Na biblioteca temos varios libros de G. Durrel, en español e en inglés. Podedes empezar con “Mi familia y otros animales” ou "Bichos y demás parientes".
Para visitar Corfú
Gerald Durrel na biblioteca.
Seguro que non vos defraudan.

Ningún comentario :