xoves, 7 de xuño de 2007

O neutrón cumpre 75 anos.

Leo no diario “El País” que este ano se cumpren 75 anos do descubrimento do neutrón por Chadwick.
A parte da transcendencia que tivo no seu momento, gustaríame invitarvos a facer unha reflexión sobre o uso da ciencia e das consecuencias que ten no desenvolvemento humano.
Recoméndovos estes libros:

¿Está usted de broma, Sr. Feynman?” onde R. Feynman, Nobel de física, relata con moito humor experiencias da súa vida naqueles anos. Foi declarado non apto para o servizo militar por idiota, participou no Proxecto Manhattan, exerceu como profesor de física en varias universidades americanas, pintou, tocou nunha agrupación de samba e moitas outras cousas.

Las mentiras de la ciencia”. Federico di Trocchio fai un ensaio crítico sobre a situación da ciencia no mundo actual. Entre outras cousas ten moito que dicir sobre a homeopatía, a financiación da investigación e as consecuencias que os descubrimentos poden ter, tanto para o científicos como para a sociedade.

Bioética, de Jean Bernard. Eutanasia, clonación, doazón de órganos, ... Se a ciencia ten connotacións éticas, qué dicir da medicina. Este ensaio, esecrito por un médico con moita experiencia, reflexiona sobre as consecuencias das decisións dos médicos.

Espero que vos gusten.

Ningún comentario :