xoves, 15 de novembro de 2007

San Alberto Magno

Houbo unha época en que non se facía esa distinción entre "Ciencias" e "Letras" e nas universidades a formación era universal. Un dos máximos exponentes desa formación completa foi San Alberto Magno.

Nado no 1206 no seno dunha noble familia. Formouse e impartíu clase en importantes universidades europeas. Tomou o hábito dos dominicos e foi obispo de Ratisbona. Pero ademais foi un experto naturalista, gran pensador e fixo moitas investigacións en Botánica, Zooloxía, Química, Arqueoloxía, Filosofía e Teoloxía.

Na igrexa católica a súa festa é o 15 de novembro e é o patrón dos estudiantes de ciencias naturais.

Os seus traballos traducindo e comentando a Aristóteles formaron parte da base sobre a que se edificou a Ciencia da que hoxe disfrutamos. A roupa que levamos, os vehículos que acortan as distancias, os trebellos que nos permiten comunicarnos... son heredeiros directos de San Alberto Magno.

Así que hoxe, os estudiantes de ciencia estamos de celebración.

¡Felicidades!

Ningún comentario :