jueves, 31 de mayo de 2007

A molécula do esquecemento


Como di Manuel Toharia , Director do Museo da Ciencia Príncipe Felipe en Valencia,a perda de memoria ten unha forte connotación negativa, pero non sempre hai razón para que sexa así. O mecanismo do esquecemento é tan natural como o do recordo. O esquecemento non é só unha defensa ante unha acumulación de datos que acabarían por volvernos tolos, senón que é un mecanismo biolóxico automático de compensación. Coñécense decenas de moléculas da memoria, e xa foi identificada a primeira “molécula do esquecemento” polos investigadores da Escola Politécnica Federal de Zürich. O importante que se demostrou é que esquecemos non por falta de interese, intensidade ou por un problema de envellecemento senón por un proceso parecido ao da memorización que poderiamos denominar a antimemorización. Pero …… non esquezamos o que aprendemos este trimestre ou este curso QUE CHEGAN OS EXAMES!!!

martes, 29 de mayo de 2007

Un pouco de evasión


A estas alturas de curso non está un para ler libros longos nin pesados. Pero tamén é necesario desconectar. Eu propóñovos facer unha escapada a unha illa do Mediterráneo, a Corfú. Gerald Durrell pasou alí a súa infancia e publicou varios relatos nos que conta as súas aventuras. Gerald Durrel foi un naturalista famoso do século pasado e animado polo seu irmán, Lawrence Durrell, o famoso novelista e un dos persoaxes do relato, publicou varias obras nas que conta as súas andanzas infantis e presenta unha galería de personaxes entrañables, todo aderezado con moito humor.
Na biblioteca temos varios libros de G. Durrel, en español e en inglés. Podedes empezar con “Mi familia y otros animales” ou "Bichos y demás parientes".
Para visitar Corfú
Gerald Durrel na biblioteca.
Seguro que non vos defraudan.

lunes, 28 de mayo de 2007

Selectividad




A Real Academia Británica de Química ofreceu un premio de 500 libras (uns 730 euros) ao cerebriño que resolva un problema matemático que empregan algunhas universidades Chinesas como proba de acceso para as súas carreiras científicas, segundo informa a radiotelevisión pública británica (BBC).Proba a ver si te sae.
Menos mal que as nosas PAAU non teñen esa dificultade. Podes comprobalo na mesma biblioteca con material xeral ou cadernos de exercicios ou nas páxinas web de educared, profesnet e select, ademáis dos nosos boletíns.

Viaxar sen saír de casa

Coñecer lugares afastados ou próximos, animais no seu hábitat natural, outros xeitos de vida ou un novo enfoque sobre o noso estilo de vida. Ter acceso a mapas extraordinarios e moitas máis cousas sen facer grandes desembolsos, sen esperas eternas en estacións e aeroportos e sen viaxes incómodas. No sofá da túa casa ou da biblioteca podes telo todo.

Cada mes, na revista atoparás algo que te sorprenderá, artigos interesantes e fotos, pero qué fotos. Na biblioteca tes á túa disposición a versión en español e números atrasados en inglés.

E se queres máis podes ver a súas páxinas web, en español e en inglés, nas que podes ver animacións, descargar fondos de escritorio, ver e oír máis sobre as reportaxes, consultar números atrasados e, de paso, e practicar inglés. Recoméndovos entrar na páxina e buscar os artigos referentes a Galicia. Para coñecerse, é bo saber cómo nos ven os demáis.

Que non so imos vivir do Marca ou do ¡Hola!.

viernes, 25 de mayo de 2007

Aniversario Calderón de la Barca


" Ay mísero de mí, y ay infelice!
Apurar, cielos, pretendo,
ya que me tratáis así,
qué delito cometí
contra vosotros naciendo.
Aunque si nací, ya entiendo
qué delito he cometido;
bastante causa ha tenido
vuestra justicia y rigor,
pues el delito mayor
del hombre es haber nacido." La vida es sueño. Calderón de la Barca

Calquera momento é bo para ler ou escoitar a Calderón de la Barca. Elixe o que máis che apeteza

Africa é fermosa...


O senegalés Ismael Lo interpreta "Baykat", para acompañarnos coa súa música nesta mirada fermosa a Africa. Porque Africa é culta, rica, magnífica. Achégate a ela polos seus músicos

África


Hoxe é o día de África. Si, ese continente asolado por todo tipo de calamidades, das que so algunhas saen nos telediarios e se tratan nos xornais. Pero África é moito máis. É o continente coa maior variedade de razas humanas, cunha diversidade xeográfica extraordinaria, no que se falan multitude de linguas, cunha gran biodiversidade ... Aceptamos que é o berce da humanidade, pero so nos lembramos dela cando algún desastre sae á luz. Por iso hoxe é un bo día para lembrarse dela por algo bo, que o ten e moito.

Esta nota está inspirada nun artigo publicado no diario EL PAIS por Carlos Álvarez.

Máis novas sobre África en Afrol News.

Na biblioteca temos material sobre África, Exipto. etc. Quedas convidado.

Loles comentoume que La piel de la memoria, de Sierra i Fabra fala dun rapaz que escapa da escravitude en África.

miércoles, 23 de mayo de 2007

"Las personas no son recordadas por el número de veces que fracasan, sino por el número de veces que tienen éxito." Thomas A. Edison



Los científicos saben que su trabajo deja poco espacio para el azar, pero hay ocasiones en que la casualidad feliz echa una valiosa mano en el laboratorio. Es el momento ¡ajá!, que cuando se presenta confiere a la ciencia un atractivo aire aventurero.
Fue por azar, por ejemplo, como Thomas A. Edison descubrió su fonógrafo en un 23 de mayo de 1877, mientras trabajaba en una modificación acústica del telégrafo que permitiera transcribir señales en forma de voz humana. Trataba de reproducir gráficamente la "huella de las palabras" sobre una cinta de papel parafinado. Para su asombro, al desplazar el papel grabado bajo una aguja de carbono percibió la vaga reproducción de un sonido. Afortunadamente, Edison no dudó en modificar el curso de la investigación cuando observó un fenómeno inesperado, así que sustituyó la cinta de papel por un cilindro de cera y asombró al mundo con su invento. Pero Edison no es un prototipo de científico, sino de inventor prolífico y creativo: por eso lo llamaban el "Mago de Menlo Park". De hecho dejó tras de sí una estela de 1093 inventos como el de la foto. ¿Serías capaz de hablar por uno de estos? ¿O podrías fabricar una bombilla como la que inventó Edison?

martes, 22 de mayo de 2007

O pai de Tintín cumpre cen anos



No día de hoxe cómprese o primeiro centenario do nacemento de George Remi, coñecido como Hergé, o creador de Tintín.

Hergé creou outros personaxes pero Tintín deulle fama mundial. As súas aventuras foron adaptadas a filmes de animación e publícanse actualmente en moitos países e en diferentes linguas.

Tintín trascende á banda deseñada, é unha das iconas do século XX. Ensaios dende diferente puntos de vista, utilización da súa imaxe para vender multitude de obxectos, revisións das súas aventuras, páxinas web adicadas e, por si fora pouco, Spielberg e Jackson están preparando unha triloxía. Temos Tintín para rato.

Para coñecer máis sobre a vida e obra de Hergé podedes consultar wikipedia e unha páxina adicada á súa biografía

Páxina oficial de Tintín

Tintín na biblioteca

Unha Biblio de película...

">

Anímate a levar para a casa os venres unha película das que temos na Biblioteca! Hainas de todos os xéneros e de todas as épocas, algunhas difíciles de atopar nos videoclubs. Eso sí, as "palomitas" polas tí.

Só tes que solicitala en préstamo para a fin de semana. E por suposto contamos contigo para que nos suxiras novas adquisicións a través do buzón ou escribindo un comentario neste "blog".

sábado, 19 de mayo de 2007

Unha feliz biblionova para Ferrolterra!


Dende logo que sí, porque a Biblioteca Municipal de Ferrol reabre o vindeiro luns na Praza de España cunhas instalacións de primeira. Libros hai, pero non faltan as películas, a música, ordenadores conectados á Rede... Polo que che custa o bus 1-2 podes ter acceso a Internet, levar o cine que non atopas no videoclube para a casa, mirar pola cara o Marca, ou o Sport, ou... Tí mesmo/a.

viernes, 18 de mayo de 2007

Investigación solidaria


A loita contra o cancro e saber se hai vida intelixente noutros planetas son dous desafíos que teñen os científicos hoxe en día.

Se tes ordenador e conexión a internet podes participar na investigación. Non fai falla ter coñecementos especiais nin unha preparación extraordinaria. Podes descargar un pequeno programa que emprega a túa conexión e o teu equipo cando non os usas, polo que non consumen recursos, e procesa os datos que te envían. E ademais terás un salvapantallas aparente.

Para atopar vida extraterrestre, e outras cousas moi interesantes: PROGRAMA SETI

Para axudar a comprender o funcionamento das proteínas e as enfermedades relacionadas: http://www.stanford.edu/group/pandegroup/folding/spanish/.

Ten presente que as iniciativas son sen ánimo de lucro e, quen sabe, podes contribuír a facer algún descubrimento moi importante.

Día de los Museos



El Día Internacional del los Museos se celebra el 18 de mayo en todo el mundo desde el año 1977, tal día fue el resultado de la resolución tomada en la XII Asamblea General del ICOM (Consejo Internacional de Museos) en Moscú.En su origen el museo era un tempo de musas, un lugar sagrado que ellas frecuentaban, y no hay que olvidar que eran las diosas de la memoria. Más tarde, en la época de Ptolomeo cuando se construyó en Alejandría un edificio llamado museo, estaba dedicado al desarrollo de todas las ciencias y servía además para las tertúlias de los literatos y sabios, formando poco a poco una importante biblioteca.
Hoy y mañana nos acercaremos a los museos que tenemos a mano porque tienen una programación diurna y nocturna, o bien haremos una visita virtual en alguno de los museos del mundo.

jueves, 17 de mayo de 2007

Curtametraxes para o Día das nosas Letras



Ola queridos e queridas!, hoxe é un día estupendo para lembrar que podedes achegarvos aos nosos autores a través das curtametraxes de animación que Lúa Films e Algarabía Producións fixeron baseados nos relatos de Anxel Fole (Os defuntos falaban Castelao), Manuel Murguía (Ignotus), Eladio Rodríguez (Meigallos, sombras e papas de arroz) ou Avilés de Taramancos (A Xaguarana). Na Biblioteca temos as cintas VHS que podedes visualizar na Sala ou na vosa casa, coma vos pete.

Día de Internet

Nuestra vida ha cambiado ¿no creéis? Hoy es 17 de mayo Día Mundial de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información, o sea el Día de Internet.
Todos los días consultamos nuestro correo en los distintos servidores de la web, ampliamos nuestro trabajo con ella, guardamos la información en la web sin necesidad del “pen driver”, colgamos nuestras fotos con picasa, buscamos imágenes con flickr o videos con you tube, chateamos con el messenger, o hablamos con el skype, leemos la prensa en los diarios digitales…, incluso ahora me podéis hacer comentarios sin conocernos. ¿Qué más se puede pedir? ¡Quizás que los días tuviesen un par de horas más!

lunes, 14 de mayo de 2007

María Pita y la "vencible" armada inglesa


La Coruña,mayo de 1589 — Los españoles rechazan un ataque inglés, gracias al empuje de una mujer, María Pita.
Tras haber derrotado a La Invencible en el canal de la Mancha (1588). Isabel I de Inglaterra decide enviar una escuadra de 200 navíos y 20 000 hombres para ayudar a los rebeldes portugueses. Al mando de la expedición se encuentran el almirante Norris y el corsario Francis Drake, que deciden iniciar el hostigamiento a Felipe II por La Coruña.
Mucho es el valor de los gallegos, pero poco pueden oponer a los ingleses, que se adentran en el barrio de la Pescadería. Se lucha cuerpo a cuerpo: un soldado enarbola la bandera inglesa y está a punto de clavarla en la torre cuando María Pita, una mujer que ha visto caer a sus pies a su marido, Gregorio Rocamunde, se lanza contra él y le atraviesa con sus armas. Luego, desgarra la enseña enemiga y al grito de: ¡Seguidme, los que tengáis honor! rechaza junto a un grupo de mujeres a los invasores ingleses que ponen rumbo a Lisboa.
Maria Pita, de verdadero nombre Mayor de la Cámara y Pita, es premiada por Felipe II con el grado de alférez.

domingo, 13 de mayo de 2007

Marconi y la comunicación sin hilos


El ser humano, desde que adquirió el habla y la capacidad de comunicarse, ha intentado llegar siempre más lejos para comunicarse mejor con sus semejantes. Desde los tambores, pasando por los espejos, los correos... llegando hasta la telegrafía. Ésta, por medio de un cable, transmitía impulsos eléctricos que, codificados y decodificados con el celebérrimo código Morse, era capaz de hacer llegar mensajes a largas distancias y de manera inmediata.
A partir de aquí, el reto era conseguirlo sin hilos (un símil actual puede ser la telefonía móvil con la que nos comunicamos todos los días ) y Giuglielmo Marconi tal día como hoy 14 de mayo pero de 1897 realizó la primera transmisión por radio de la historia.

Emilia Pardo Bazán



" Entre las representaciones de una especie de pesadilla angustiosa que agitaba a Perucho veía el muchacho un animalazo de desmesurado tamaño, bestión Indómito que se acercaba a él rugiendo, bramando y dispuesto a zampárselo de un bocado o a deshacerlo de una uñada... Se le erizó el cabello, le temblaron las carnes, y un sudor frío le empapó la sien... ¡ Qué monstruo tan espantoso!"
En el aniversario de la muerte de Emilia Pardo Bazán recordamos este fragmento de Los Pazos de Ulloa.

jueves, 10 de mayo de 2007

O blog do Xubia, el mejor de abril

O blog do Xubia, creado por los alumnos de 1º de ESO A y dirigido por la profesora María Xesús Varela Souto, ha sido elegido el mejor Cuaderno Digital de Prensa-Escuela del mes de abril.
El jurado destaca la perfecta adaptación de las tareas sugeridas para realizar a través del blog con la programación del aula, lo que permite a los alumnos acercarse a las actividades de la clase desde una perspectiva diferente (trabalenguas, comentarios de libros con sorpresa incluida, etcétera). Resalta la originalidad de las categorías creadas, como Palabras na UVI o el Curruncho literario, en donde crean y publican sus propios haikus, que es una de las formas más extendidas de la poesía tradicional japonesa, cuyo contenido se basa generalmente en lo cómico y lo divertido.
El grado de participación de los alumnos es muy alto, a pesar de su corta edad (11-12 años), así como la frecuencia de publicación.



Loles Paris

sábado, 5 de mayo de 2007

Letras Galegas 2007



O vindeiro 17 celébrase o día das letras galegas. Este ano, como xa sabedes está adicada a poeta María Mariño.
Para coñecer a súa vida e a súa obra podes ver:
Real Academia Galega
Biblioteca Virtual Galega
Wikipedia Galega

Na nosa biblioteca dispoñemos de exemplares da súa obra
Biblioteca Fernando Esquio

Se queredes coñecer máis cousas sobre este día podes visitar as páxinas seguintes:
Día das letras galegas

jueves, 3 de mayo de 2007

¡Hola!

Xa estamos aquí. O equipo de traballo da biblioteca do noso centro inicia no día de hoxe a andaina deste novo blog no que esperamos contar coa colaboración de toda a comunidade escolar.

Este blog pretende ser un novo enlace, non so entre a biblioteca e todos vos, nais, pais, alumnado, profesorado e calquera que nos visite, senón unha nova porta de comunicación entre todos de xeito que sexa unha ferramenta que nos axude nesta andaina dura, difícil as veces, pero apaixonante sempre, que é o Ensino Secundario.

Así que benvidos e empezamos.