jueves, 18 de diciembre de 2008

ABRINDO LIBROS

Para os/as que preferides relatos curtos, dúas historias que namoran, do escritor que todos lemos e admiramos: A. Fdez.PAZ.


“Un radiante silencio” é o primeiro relato do libro O único que queda é o amor.- Nunha libraría Sara irá seguindo a Rapunzel, Kafka, J.A.Valente, Neruda, P.Auster,… soñando…

“O Libro das Infinitas Historias” pecha a súa obra Contos por palabras.- Lembranzas, en busca dun exemplar máxico, onde o lector/a podía intervir no destino dos protagonistas. Como Mariña!

miércoles, 17 de diciembre de 2008

lunes, 15 de diciembre de 2008

Virginia Woolf I


Todos os anos entorno ao día do libro, se celebran as Xornadas Literarias do concello de Neda. No próximo ano a autora seleccionada é Virginia Woolf, escritora británica que non necesita presentación e da que vos deixo salienta no blog English is all around. Non obstante para aqueles que non vos apeteza ler as súas obras en inglés déixovos un exemplar de Mrs Dalloway para ir facendo boca nestas datas que temos máis tempo para gozar da lectura.

viernes, 12 de diciembre de 2008

Tempo de ESTRELAS


Cobertor de Estrelas conta os problemas vividos polos nenos abandonados que viven nas rúas brasileiras, cativos que perderon os vínculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia. Está escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir; ten a ilusión de que así pode saír do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa.

RICARDO LÍSIAS interpón a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.
Unha edición belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta.

Así comeza: " Despois de apañar garabullos e agochalos detrás dunha árbore, o menino foi buscar pedras: as grandes fan de autobuses e as pequenas, de coches. Nos buses, os homes van traballar mentres as mulleres quedan na casa preparando o xantar; e os cativos, á escola, aprender unha chea de cousas, como as letras pintadas no edificio grande preto da igrexa. Nos coches van todos, grandes e pequenos: hoxe é día de pasear polo parque."


Lendo, ves mellor o mundo, enténdelo máis e MELLOR!!

jueves, 11 de diciembre de 2008

Números pares, impares e idiotas...

Estos días mercamos a Historia de aquí de Forges e preparando un artigo sobre este e outras novidades de Mafalda atopeime coa historia dos números árabes de Juan José Millás e Antonio Fraguas "Forges" grazas a Marina da biblioteca do IES de Arzúa. Leede a historia e pensade...a que vos soa???
"Europa era un lugar sin números, aunque con muchas letras. Sus habitantes no sabían cuantas, puesto que carecían de números para contarlas. Tampoco sabían el número de piernas ni de ojos, ni de brazos, ni de dedos que tenían. En las escuelas, cuando los profesores preguntaban a los niños cuántos dedos tenían, ellos decían:
-Varios.
-¿Y cuántos dientes?
-Varios.
¿Y cuántos ojos teneis en el pecho?
-Ninguno.
Sólo sabían decir "varios" y "ninguno". Hacían preguntas absurdas, como las de los ojos o los pelos, para dar la impresión de que sabían contar.
Cuando las madres mandaban a sus hijos a la tienda para hacer recados, si ellos preguntaban cuántas patatas o magdalenas debían comprar, las madres decían:
-Varias.
-¿Y cuántos pulmones de acero?
-Ninguno.
La gente no cumplían años, sin varios años, o ningún siglo. Si en las entrevistas de trabajo te preguntaban cuántos años tenías, la contestación correcta era:
-Varios
-¿Y siglos?
-Ninguno.
Los sabios dijeron a las autoridades que no se podía continuar así, porque para entender la realidad es preciso contarla, o numerarla. Entonces inventaron los números romanos que están hechos de letras mayúsculas. Así la I quería decir uno; la V, cinco; la X diez; la L, cincuenta y la M mil. No es que fuera fácil contar y numerar con números romanos, pero eran mejor que nada.
-Yo tento XXX años.
-Yo quiero V kilos de patatas.
-Pedro me ha quitado VI cromos.
-A mi hijo le han salido XV granos en la cara.
Entre tanto, había en África unos números árabes muy fáciles de entender y muy prácticos para contar y para numerar las cosas, que al enterarse de las dificultades europeas decidieron emigrar en busca de un trabajo aritmético digno. La mayoría de ellos viajaron, por falta de medios, apiñados en pequeñas embarcaciones, llamadas pateras, que con frecuencia naufragaban antes de alcanzar la costa, condenando a los números y númeras árabes a perecer en medio de horribles sufrimientos. Algunas de estas númeras estaban embarazadas y sus hijos jamás verían la luz. Los que lograban alcanzar la costa taenían que huír de los números romanos, que les llamaban extranjeros o moros, despectivamente y los perseguían con leyes y palos. Pero los números árabes estaban convencidos de que eran más útiles que los números romanos y no dejaban de llegar en busca de una vida mejor para si mismos y para sus descendientes.
La población, al ver que era tan fácil contar o numerar con ellos las cosas, empezó a usarlos sin importarle lo que dijeran las leyes.
-Hijo vete a la tienda y compra dos botellas de leche y 3 barras de pan.
-Mi padre ha cumplido 42 años.
-El día tiene 24 horas y el año 365 días.
-Me debes 7 cromos.
-Pues yo tengo 2 ojos en la cara.
Los números romanos comprendieron que su tiempo había pasado y negociaron ser utilizados para la base de los monumentos, donde llevan una vida muy feliz y son muy respetados.
Hoy la mayoría de la gente no sabe que los números que utiliza son árabes. A nadie en su sano juicio se le ocurriría no usarlos porque son extranjeros. Aunque la pregunta correcta es: ¿son de verdad extranjeros? ¿Qué rayos significa ser extranjero?"

... Del libro números pares, impares e idiotas...


Grazas Marina.

sábado, 6 de diciembre de 2008

CANADÁ: impactando aos rapaces/as

Baixo o lema “Cando non lemos, a imaxinación desaparece”, esta campaña tan sorprendente presenta a diversos personaxes de contos infantís deambulando agonizantes polos espazos dun hospital, para expresar que se os nenos e nenas deixan de ler eles morrerán. Así, podemos ver á Cincenta turrando do goteiro polos corredores , a Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias.

Grazas, Brétemas.



[Adicado a Pilar]

jueves, 4 de diciembre de 2008

Francisco X. FERNÁNDEZ NAVAL

Chisco” Fdez. Naval, poeta e escritor noso, é unha persoa moi accesible, aínda que non estea moito no ámbito mediático.
Na vosa Biblioteca contades con obras súas:
Sombras no labirinto
Historias roubadas
Tempo de crepúsculo
O bosque das Antas
No corazón da fraga
.- Bonito libro que agrada aos rapaces/as de 1º e 2º/ E.S.O.
Tamén escribiu as Historias de Suso Espada.
Proba con algún dos que están caladiños nos andeis, ábreo e faino “falar”.

Tiven sorte cando puiden compartir, a través da A.E.L.G., un dos seus Obradoiros Literarios e sei que tampouco os alumnos/as esquecen a súa sensibilidade.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

AZUR y ASMAR


Azur é loiro e ten os ollos azuis. Asmar é moreno e ten os ollos negros.
De pequenos quérense e pelexan coma irmáns.
De maiores, atópanse para ser rivais en busca do mesmo obxectivo: liberar, conquistar e namorar á fada dos DJINNS.

Unha fermosa película que están a ver os alumnos e alumnas de ESO-1º e que comentarán coas súas titoras.

Do xenial Michel Ocelot !

lunes, 1 de diciembre de 2008

Asume el liderazgo

Los jovenes de hoy no han vivido un mundo sin SIDA.
A ellos corresponde el 45% de las nuevas infecciones. Actualmente hay 5.5 millones de jóvenes que viven con el virus.
Con nuestro futuro en juego, los jóvenes deben situarse en el centro de la respuesta.
Los líderes del mundo han prometido acceso mundial a la prevención, los
tratamientos, atención y apoyo relacionados con el VIH para el año 2010.
Ahora más que nunca, es crucial capacitar a los jóvenes para que asuman el liderazgo para que esa promesa pase a ser una realidad.

Paremos el SIDA, Mantengamos la promesa.



domingo, 30 de noviembre de 2008

Amodiño, pero...LENDO!


No momento en que se nos abre esta ventaíña, estamos traballando un tempo de lectura –no espazo da Biblioteca, sempre que podemos- cun pequeño grupo de alumnos/as con desvantaxes, e poder así compensalas con bos libros. Aínda que a pasos lentos, irémonos achegando ao obxectivo.

Escollen: O misterio dos fillos de Lúa, Kafka y la muñeca viajera e Querido hijo: estás despedido.
É que Fina Casalderrey, Sierra i Fabra, son FAVORITOS.
A mestra elixiu O violín de Auschwitz. Animádevos tamén.-

viernes, 28 de noviembre de 2008

jueves, 27 de noviembre de 2008

Juan Marsé nos recomienda...

El flamante nuevo Premio Cervantes, Juan Marsé nos habla de sus obras favoritas:

"La isla del tesoro", de Robert Louis Stevenson.
Amo esta novela porque, desde que la leí a los doce años, soñé con ser escritor de ficciones.
"Desde la última vuelta del camino" y "Memorias de un hombre de acción", de Pío Baroja.
Baroja es mi novelista español favorito. Todavía hoy su lectura me es necesaria para entender lo que ha sido y es este país.
"Guerra y paz", de León Tolstoi.Es una de las cumbres novelísticas del siglo XIX y la obra que más rendida admiración me ha causado jamás.
Fue un regalo de mi querida Paulina Crusat desde Sevilla, hace casi sesenta años.
"El rojo y el negro", de Stendhal.
Es una novela que en su día me deslumbró.
Me gusta porque, entre otras razones, el protagonista de esta fascinante historia,
Julien Sorel, es el padre espiritual del Pijoaparte.
"Las palmeras salvajes", de William Faulkner. El poderoso y seductor estilo de Faulkner en estado puro. En mi opinión se trata de su mejor novela, junto con "Absalón, Absalón".


Podemos visitar su página oficial en el Club Cultura o leer un relato breve del autor que El País nos ofrece: "El caso del escritor desleído"

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Ollo de nube

Nunha tribu de indios crow (tribu desaparecida como tantas) nace un neno. Aínda que o nome que lle pon ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos familiares ven frustradas. Ollo de Nube, chamarase, e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das palabras da súa nai e do que percibe polo resto dos sentidos, farase a súa composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultadas impensables para outros indios.
Ollo de nube de Ricardo Gómez, gañador do Premio Barco de Vapor 2006 é unha marabilla, posúe a sensibilidade do autor, e ademais, acción e unha mirada ao mundo a través dos ollos dos crow.
Ao terminar, quédache unha sensación agridoce. Doce pola feliz aventura de Ollo de Nube contra os malacosa (os colonizadores brancos), e agre porque sabemos que a longo prazo os indios desparecieron e gañaron os fusís aos arcos.
Que sería do mundo se non imperase a forza (como ocorreu cos indios norteamericanos ou con tantas outras razas en tantas outras partes do mundo), se triunfase a harmonía coa natureza e os seus espíritos?

Queredes ler o primeiro capítulo? O resto na biblioteca.

(Grazas a Literatura infantil y juvenil actual pola recomendación)

martes, 25 de noviembre de 2008

Día contra a violencia

Todo por amor?


Todo por amor? é, a pesar do interrogante que expón o título, unha historia de amor á educación como motor e combustible de vida, e tamén a constatación de que pode amar e crecer á vez, amar sen cortar as propias ás e ampliar o territorio. O territorio do libro está formado, en consecuencia, polos relatos e as valoracións dos alumnos que pasaron polas clases de educación afectiva e sexual de Rosa Sanchis, polas súas discusións e por un saber teórico, froito de quince anos de estudo e traballo a pé de clase.

A aparente sinxeleza da obra é unha virtude que non esconde a exacta radiografía da manipulación moral que o patriarcado cometeu coas persoas, en especial coas mulleres, personaxes secundarios na película da vida. Pero a cámara que a profesora instalou no aula vírase aquí cara á violencia exercida contra elas e mostra claramente como a semente dos principios patriarcales se enraíza nas crenzas e sentimentos dos mozos.

Amor e dor foron demasiado tempo da man; libros como este son necesarios porque ofrecen aos adolescentes -e tamén aos adultos- diferentes ferramentas que cuestionan unha educación demasiado restrictiva porque propón recuperar a capacidade para explorar e crear pracer nas relacións afectivosexuales e o tempo para pensar e perderse na fantasía.

Neste día de non a violencia sempre é importante ter en conta estos títulos.

jueves, 20 de noviembre de 2008

18 Años de Derechos del Niñ@



Ya han transcurrido dieciocho años desde que se aprobó la Convención de los Derechos del Niñ@ y todos los países del mundo (salvo Estados Unidos y Somalia) la han ratificado, convirtiéndose así en el instrumento de Derechos Humanos más ampliamente refrendado en la historia de la humanidad.

Conoce tus derechos entra en la página de la Convención y sabrás qué es, para qué sirve, cuando se firmó y quién la desarrolla.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Contos de Doris Lessing

A editorial Lumen ven de publicar unha recopilación de contos, Cuentos Europeos, de Doris Lessing. No volume recóllense todos os contos que a gran escritora Doris Lessing ambientou en Europa, escritos na última metade do século pasado. Nestes contos adícase a analizar con rigor e piedade o que nos define como seres humanos.
Honestamente hei de decir que o vou empezar a leer. Aínda está quente, pero ten moi boa pinta. Gústanme moito os libros de contos, cambias de paisaxe e de personaxes continuamente e abordan todo tipo de tramas e situacións. E vindo de esta autora,que acadou recoñecemento internacional pola súa longa carreira e que parece alguén moi próximo a nos. Xa vos contarei.
Para saber sobre Doris Lessing, visitade a wikipedia, ver unha biografía e unha bibliografía extensa sobre a súa obra.
Imprimir

lunes, 17 de noviembre de 2008

"A beleza non está en nós senón nos ollos de quen nos ve"


Con estas palabras resúmese a novela Laluna.com de Care Santos na que se recrea e actualiza a historia de Cyrano de Bergerac.
Cira ten dous problemas: un nariz que mide 'uns tres centímetros máis que o nariz máis grande que vexades' e o seu primo Amador, do que está secretamente namorada desde que era nena. A súa vida vólvese aínda máis problemática cando Amador lle pide que lle axude a conquistar á súa amiga Cris, da que o está locamente namorado. Cira, no seu papel de celestina, acabará axudando á súa amiga Cris a escribir cartas de amor dirixidas a Amador. Pero como é sabido, as mentiras teñen as pernas curtas.

Non deixedes de lela e se queredes saber mais aquí tedes información da autora e de Cyrano.

martes, 11 de noviembre de 2008

Novo diccionario visual interactivo


Cada vez temos mais alumnos procedentes doutros paises nas nosas aulas por elo as autoridades educativas pensaron neste recurso para que a integración e adaptación á nova realidade destes alumnos sexa máis doada. Pódense explorar os termos no seus escenarios, láminas temáticas para visualizalos e xogos para non esquecelos.
Unha boa ferramenta no portal de contidos da Xunta ou no link anterior.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Nova biblioteca escolar digital



A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a través do Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA), acaba de crear a Biblioteca Escolar Dixital, unha ferramenta destinada á comunidade educativa, profesores, alumnos e pais, para compartir, utilizar, crear, difundir, avaliar e recomendar obxectos dixitais educativos de calidade.
Todo iso de forma pública, aberta e gratuíta.Para un mellor uso, se aconsella o rexistro có fin de poder recibir recomendacións doutros usuarios, crear a nosa propia biblioteca con obxectos dixitais, os nosos favoritos, comentarios, etc. Facelo é moi sinxelo e introdúcenos nun mundo cheo de posibilidades.

Benvidos á blogosfera

jueves, 6 de noviembre de 2008

Novo kiosko

Na sección prensa prensada deste blog temos un enlace directo co Kiosko, do que xa falamos noutro post (saúdos Antonio, onde queira que esteas). Eu utilízoa moitas veces para ver rápidamente as portadas da prensa española máis importante. Pois resulta que ahora estamos de noraboa porque temos Novo Kiosko.
Os hábitos cambian e hoxe, segundo parece, xa se usa máis a prensa dixital que en papel, e esto non fai máis que medrar. Por que te vas conformar cun xornal, ou dous, se os podes ter case todos, polo menos os máis importantes. E se queres ver unha noticia atrasada, pódela buscar e ó rematar vas a outra páxina e xa está. E non acumulas kilos de papel, que antes foron árbores, que nos fan moita falla.
Botade hoxe unha ollada e veredes que portadas veñen cheas de esperanza, e por se fora pouco parece que os intereses van baixar. Ahora só falta que non perdamos o sentido e aprendamos dos nosos erros.
Saúdos.

martes, 4 de noviembre de 2008

Contaminando ata o fin

A capacidade da humanidade para contaminar non ten límite. No último acto do noso paso por este mundo tamén somos capaces de deixar residuos, e non so os naturais. Nun pequeno artigo da revista National Geographic do mes de novembro comenta o cara, económica e ecolóxicamente, que sae a morte. Por suposto, a maior nivel de vida maior contaminación. So nos Estados Unidos se gastan 9000 km (vez e media o raio da Terra) de táboas de madeira para ataúdes, boa parte delas de madeiras preciosas tropicais; aceiro suficiente para volver construír o Golden Gate, tres millóns de litros de líquido para embalsamar e 1,6 millóns de toneladas de formigón.

O “primeiro mundo” estraga e contamina sempre que ten oportunidade. Pero non hai que perder a esperanza, xa están aquí os “enterros verdes”, nos que os cadaleitos e as urnas funerarias están feitos de papel reciclado (que vos parece o azul? e o das frores?) e descansan na terra cando chega o momento. Iso si, poden levar un pequeno receptor GPS para que os que deixamos aquí saiban onde atoparnos.

Para saber máis sobre ecoenterros, podedes pulsar o seguinte enlace.

E se queredes escoller un modelo para cando chegue o inevitable podedes ver estes modelos ou estoutros. E se buscades un pouquiño máis, pois atoparedes moitas máis cousas. Todo está na internet.

Saúdos, ós vivos e ós mortos.

lunes, 3 de noviembre de 2008

"Exilio, uno de los procesos más terribles que existen"


Así define el tema de esta obra su autor Fernando Marías.
"Zara y el librero de Bagdad" narra cómo una niña y su padre huyen de Irák perseguidos por un asesino profesional mientras que, en paralelo, se cuenta la vida de un niño que vive la Guerra Civil en Barcelona y que, tras el terrible éxodo del 39, coincide y convive con Machado. Según palabras del propio autor "el poeta le dice al niño cinco palabras que le perseguirán toda la vida y que supone el enigma con el que se identifica toda la novela".
¿Estamos condenados a repetir la historia? Una bomba estalla en Barcelona en 1938 durante la Guerra CIvil,y sesenta años después un misil destroza un dormitorio en Bagdad durante la guerra de Irak Entre tanto la muerte del poeta, un secreto, el miedo a sufrir por amor...y Zara y el librero de Bagdad.

Lee el primer capítulo y el resto en la biblioteca.

jueves, 30 de octubre de 2008

E ti en que ano vives?


Sabías que...
os xudeus viven no ano 5769?
o seu ano novo empezou o pasado 29 de setembro?
o ano novo dos celtas é o Shamaín?
os chineses celebrarán o cambio de ano o 26 de xaneiro?
será o ano 4707 ano do boi?

Canto sabes do calendario e das outras culturas do mundo?
Entra na webquest e atopa as respostas.

http://sites.google.com/site/calendarioproxecto/Home

miércoles, 29 de octubre de 2008

Brisingr, promesas sen cumprir...


...lealtade posta a proba, forzas que se enfrontan.
Brisignr xa está aquí.
Eragon e a súa dragona, Saphira, conseguiron escapar con vida logo da colosal batalla contra os guerreiros imperiais. Unha vida que Eragon sabe suxeita á forza das promesas sen cumprir. A primeira é a que Eragon fíxolle ao seu primo Roran: rescatar á súa amada, Katrina, das garras do rei Galbatorix. Con todo, este non é máis que o primeiro dos seus compromisos. Eragon tamén lle debe a lealdade aos Vardenos, quen necesitan desesperadamente o seu talento e a súa forza, e o mesmo sucédelles a elfos e ananos. Cando os problemas empezan a aflorar e o perigo ataca desde todos os flancos, Eragon vese obrigado a elixir. Unha elección que podería levalo a percorrer o Imperio enteiro, e ata máis aló das súas fronteiras; unha elección que podería acabar cun sacrificio inimaxinable.
Eragon é a única esperanza de salvar Alagaésia da tiranía. Poderá o fillo dun granxeiro unir ás forzas rebeldes e vencer ao Rei?

Le o primeiro capítulo

lunes, 27 de octubre de 2008

Limóns.

Houbo unha vez un inglés que tocou a batería con Genesis (antes de Phill Collins), formou parte dun circo, recorreu Europa rapando ovellas, foi á China para facer unha guía de viaxe, e despois de todo iso acabou mercando un cortijo na Alpujarra. E alí leva vivindo moitos anos coa súa muller, Ana, e a súa filla andaluza Chlöe. Este inglés, chamado Chis Stewart recolleu no libro “Entre limones” o seu desembarco na Alpujarra e, como tivo éxito, fixo a segunda parte, “El loro en el limonero”.
Son dous libros moi divertidos, que contan como son os Alpujarreños e os españois dende o punto de vista dun inglés, aínda que, tal e como eu o vexo, pouco inglés, e relatan con moito humor a loucura dun home, que decide embarcarse el e, de paso á súa familia, na aventura de ser un granxeiro último modelo.
O verán pasado lin o primeiro e este verán a continuación, e pasei moi bos ratos, e entre risa e risa fai reflexións moi interesantes sobre a xente e as súas relacións. Así que, e con coñecemento de causa, volos recomendo. Facédeme caso e non o lamentaredes.
Aquí tedes unha entrevista co autor publicada en "El Pais" cando aínda non se publicara o seu libro en España, onde se ve que é un bo tipo e unha que lle fixeron en "El Mundo" cando se presentou ás eleccións municipais por "Los verdes de Andalucía". O que hai que ver, guiri e preocupado polo entorno.
Saúdos.


lunes, 20 de octubre de 2008

Que é para ti a biblioteca, a lectura ou o libro?


Biblioteca
ven do grego, biblion = libro e thekes = caixa, literalmente sería “caixa de libros” ou de gardar libros; pero é moito máis que iso: é unha colección de libros e outros documentos impresos, audiovisuais, electrónicos ou informáticos debidamente organizada que sirve para cubrir as demandas xeráis ou específicas da lectura e información.
Pero para outros é un paraiso...

Esta semana imos pensar no que significa para nós a biblioteca, os libros e a lectura.
Para iso invitámosvos a dar a vosa opinión e revisar na galería do instituto unha selección de citas ao redor do libro dalgunhas 'importantes personalidades'... para mostra as seguintes regras de ouro do libro:

1. Quen len moito acaban cegos.
2. Quen len moito acaban trastornados.
3. Ler esgota a túa economía.
4. Ler complica a vida doméstica.
5. Ler complica a vida amorosa.
6. A lectura adoita ser fonte de toda infelicidade.
7. Os libros xeran frustración.
8. A lectura é algo lento e repetitivo.
9. Ler non serve para obter admiración.
10. A lectura non está ao alcance de todos.

domingo, 19 de octubre de 2008

II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia


Este fin de semana 970 docentes encargados de bibliotecas compartimos experiencias nos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, puxemos cara a eses nomes xa coñecidos, gozamos falando de libros, de estratexias para a integración da biblioteca na vida común do centro e das familias, buscamos solucións para fomentar actitudes positivas ao redor do libro e a lectura....e difrutamos escoitando cousas como estas:

'Leer es desear que un libro no se acabe nunca'.
'Leemos para adquirir conciencia del mundo y de nosotros mismos'.
'Cada libro é un museo do universo e, as veces o universo mesmo'.
'Lemos para saber que non estamos sós'.
'Cada lector es al leer, en el fondo, el lector de sí mismo'.
'La vida no es sino una narración ininterrumpida'.
'¿Qué pasa dentro de un libro cuando está cerrado?'.
'Xunto cos libros debera venderse o tempo suficiente para lelos'...

Ánimo, só queda un ano para o seguinte encontro!

lunes, 6 de octubre de 2008

Con diez cañones por banda...


Ah! memoria! ¿Cuantas generaciones han tenido que aprender, y luego disfrutar de la Canción del pirata?
Hace años esa, tan denostada ahora, práctica memorística nos sirvió a algunos para conocer a poetas varios, ejercitar esa parte oculta tan productiva a veces y descubrir que gracias a la memoria podemos relacionar y profundizar en el conocimiento de otros contenidos aún mayores.
Ahora se utilizan otras prácticas para acercar la cultura a los jóvenes. Bienvenidas sean... pero ¿que nos depara el futuro a los docentes?.

La viñeta pertenece a un artículo sobre el día de los docentes en English is all around y no me he resistido a dejar de incluirla también aquí.

RTVE prepara otra serie de programas culturales interesantes 'La cultura en RNE... porque a ti te gusta' que se retransmitirán durante diez meses. Una muestra es esta versión rap de la obra de Espronceda. Disfrutémosla en lo que vale.

domingo, 5 de octubre de 2008

Día Mundial d@ Docente

Todos os días, en millóns de aulas en todo o mundo, leva a cabo o esforzo universal do ensino e a aprendizaxe. O don da alfabetización transmítese dunha xeración á seguinte, xunto ao amor á aprendizaxe e a sede de coñecementos. Cando se comparte o coñecemento, adquírense aptitudes e a vida pode cambiar.

O 5 de outubro, Día Mundial dos Docentes, un día reservado pola comunidade mundial para festexar aos docentes e o papel central que desempeñan no coidado e orientación dos lactantes, nenos, novos e adultos a través do longo proceso de aprendizaxe que é a vida.

Lembras ti os teus mestres e profesores? Nos somos afortunados polo lugar onde vivimos; a escolarización é unha obriga, pero qué pasa no resto do planeta?

Pensemos neses outros docentes que traballan noutras condicións!

Manifiesto de la Unesco

martes, 30 de septiembre de 2008

Traductores


Xa falaramos o ano pasado dos traductores, esos esquecidos.
Guías na torre de Babel, encantadores de linguas, comunicadores das primeiras mostras escritas en moitas literaturas nacionais...

Un percorrido polos diferentes feitos na historia da tradución supón tamén elaborar unha cartografía da nosa civilización, das distintas etapas da construción dos valores fundamentais e democráticos dos paises, do progreso científico e dos distintos saberes humanísticos.

A UNESCO recoñece a súa labor recordando os seus nomes, sobre todo do primeiro San Xerome.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Día Europeo das Linguas

Hoxe celebramos a diversidade linguística en Europa, e por suposto, no mundo. Porque as linguas sí que importan.
Coñecer ao outro é coñecernos a nós mesmos e por iso a política europea de concienciación para a aprendizaxe das linguas.
Ao longo destes últimos cursos estivemos probando o Portfolio das Linguas e empezamos a cubrir o noso pasaporte europeo para saber ata onde chegamos nas linguas que nos interesan. Este curso tamén seguiremos con el e seguro que aumentaremos o seu valor.

Hoxe imos xogar, saberías recoñecer de onde son estas linguas? queres probar?.

E se aínda tes dúbidas sobre o "por que" e "como" le esta guía para aprender unha língua.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Días de vino y rosas


"Largos no son los días de vino y rosas, de un nebuloso sueño surge nuestro sendero y se pierde en otro sueño" de esta cita de Ernest Dowson surge el título de esta impactante película Días de vino y rosas.
They are not long, the weeping and the laughter,
Love and desire and hate;
I think they have no portion in us after
We pass the gate.
They are not long, the days of wine and roses:
Out of a misty dream
Our path emerges for a while, then closes
Within a dream.

Jack Lemon y Lee Remick protagonizan este detallado descenso a los infiernos del alcohol y la degradación, y aunque estrenada en 1962 sigue de actualidad hoy en día.
Imprescindible!

viernes, 19 de septiembre de 2008

William Golding y la fábula sobre la naturaleza humana


El Premio Nobel de Literatura de 1983, William Golding nacía tal día como hoy en 1911 en Cornualles en el Reino Unido. William Golding se definía como un pesimista optimista y eso lo reflejaba en sus obras:
«Creo que el bien vencerá finalmente al mal. No sé cómo, pero tengo fe en su victoria. (...) No soy ni un teólogo ni un filósofo, sólo un narrador de historias. (...) Básicamente soy un optimista. Intelectualmente puedo ver que el equilibrio del hombre se encuentra 50%-50%, y sus posibilidades de estallar son de una a una. No puedo contemplar esto más que intelectualmente. Simplemente soy incapaz de creer que esto pase. Esto significa que soy por naturaleza un optimista y por convicción intelectual un pesimista, supongo».
Las novelas e historias de William Golding son relatos llenos de aventuras que nos revelan su opinión sobre cómo es el ser humano, con sus miserias y sus virtudes; basta leer su primera y más conocida novela El señor de las moscas de la que disponemos ejemplares en la biblioteca tanto en formato papel como en película. En ella los protagonistas se adaptan ante circunstancias adversas, la violencia, el miedo en todas sus formas: a lo desconocido, a la incertidumbre, a los demás, y a la soledad... porque son niños, o ¿no tanto?
Realmente ¿somos como nos describe el autor?

Descúbrelo leyendo el libro on-line (si no te apetece pasarte por la biblioteca)

lunes, 15 de septiembre de 2008

Navegando pola CDU



Xa estamos aquí! Cargados de novidades!
Este curso esperamos seguir ampliando o fondo da biblioteca con as lecturas, películas... todo o que vos interesa; e tamén con unha serie de recursos on-line para que atopedes toda a información que precisades dun xeito mais fácil, seguindo o mesmo sistema que na biblioteca: "Navegando pola CDU".
Próximamente no blog.

martes, 1 de julio de 2008

La vuelta al mundo en 80 libros


Seguimos trabajando... pero no dejeis escapar esta oportunidad!.


RNE junta a los grandes autores de la historia en un libro sonoro para saborear las noches de verano. Con las voces de 150 profesionales de RNE de ayer y de hoy, el oyente podrá leer con los ojos cerrados los fragmentos más geniales de Homero, Cervantes, Shakespeare, Baroja, Miller, Camus, Woolf, Carrol, Cela, Kapuchinsky y muchos más, que han sido extraídos de sus obras en castellano y en sus idiomas originales.

¿Qué isla deseas visitar este verano? ¿La de Guadalupe en El siglo de las luces de Alejo Carpentier, La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson, la de Galápagos a través del diario del científico Darwin, quizá Ítaca en La Odisea de Homero o prefieres conocer la ínsula Barataria de Sancho Panza y don Quijote? Es sólo uno de los viajes que ha preparado Radio Nacional de España para las medianoches del verano en La vuelta al mundo en 80 libros.

Como novedad y para que sirva de precedente, este martes, 1 de julio, RNE ha colgado La vuelta al mundo en 80 libros en Internet (antes de lanzarlo a las ondas el próximo sábado 19 de julio a las 15:30 en lo que será el prólogo de este libro sonoro.Y desde el día 21 de ese mes, los oyentes podrán degustar esta elaborada producción de RNE en su horario fijo: de lunes a jueves, de 00:00 a 01:00, en Radio Nacional.

Prólogo con audio.
Dedicatoria con audio.
Esto es un programa de radio.
A veces llegan cartas con audio.

lunes, 16 de junio de 2008

Recomendacións para o verán...


... porque non todo vai ser folgar.
Groucho Marx dicía que "fora do perro, o libro é o mellor amigo do home;`porque dentro está moi escuro".
Disfrutemos das vacacións con eses amigos que nunca deixan de sorprendernos, botade un ollo ás nosas recomendacións e facédenos chegar os vosos comentarios.