luns, 28 de xaneiro de 2008

Santo Tomás, quero consenso.

Estou vendo un programa da sexta "Que treinta años no es nada" que fala do que fixemos os españois nesta última etapa da nosa historia. Todos os que saen salientan a importancia do que se fixo e de como todos, de dereitas e de esquerdas, de fora e de dentro e do norte e do sur nos dotamos dunha Constitución que posibilitou o período de paz e prosperidade do que hoxe disfrutamos. E moitos a comparan coas constitucións que unha metade de España facía contra a outra metade, que cambiaban segundo o facían as circunstancias, e así nos lucíu o pelo, con douscentos anos de guerras in-civís.
Somos prósperos pero o noso sistema educativo é deficiente, como nos recordan os sucesivos Informes Pisa. Pero nos seguimos igual, cada partido político implanta o seu sistema educativo. Cando cambia o goberno, cambia a lei. De feito Rajoy xa dixo que respetaría todas as leis do actual goberno, salvo a de educación. As discusións fanse sobre a relixión, si ou non, e sobre a conveniencia da Educación para a ciudadanía e distráennos, enchen páxinas e páxinas de xornais e cubren horas de radio e televisión. Non digo que tales debates non sexan importantes, pero o fundamental, dotarnos dunha lei estable que permita ó alumnado e ós seus pais decidir con coñecemento de causa sobre o seu futuro e facilite o traballo ó profesorado non se fai. E non vexo aires de cambio. Por eso, nun día como hoxe, festividade de Sto. Tomás de Aquino, patrón do ensino, pido humildemente ós nosos gobernantes, presentes e futuros, que, por favor, fagan unha lei de educación de consenso. Se teñen dúbidas de cómo se fai que repasen o proceso constitucional.
E, se mo permitides, gustaríame invitarvos a que pidades ó Santo Tomas, ó goberno, ó voso partido político de cabeceira, ó voso sindicato ou a que consideredes oportuno unha lei de educación de consenso.
Unha lei non soluciona os problemas, pero axuda a facelo. A Constitución non mellorou por sí soa as cousas, pero dotounos dun marco estable no que poder desenvolvernos. Pois eu pido o mesmo para a educación.
Espero as vosas ideas para convencer ós gobernantes da necesidade dun novo consenso.

Ningún comentario :