domingo, 1 de marzo de 2009

Felicidades Biblioteca Nacional


Tal día como hoxe foi fundada por Felipe V en 1712 a BN co carácter de Biblioteca Real, aínda que ata o 2 de xaneiro de 1716 non se promulgaría o decreto da súa creación, coa dobre función de facer chegar o coñecemento aos cidadáns e recoller as bibliotecas particulares dalgúns nobres.
A orixe desta biblioteca atópase na Biblioteca Real situada nun edificio anexo ao Pazo Real. Nesta época existía xa a Libraría da Raíña Nai, situada na torre alta do Alcázar Real, pero era de carácter privado. En 1711 o pai Robinet, jesuita e confesor de Felipe V propúxolle crear unha biblioteca pública no pazo. A Biblioteca Real instalouse no Mosteiro da Encarnación e abriuse ao público o 1 de marzo de 1712. Os seus fondos estaban compostos por varios instrumentos matemáticos, moedas, medallas e outras curiosidades, aparte duns 8.000 volumes, varios manuscritos. Os impresores viñan obrigados (como agora co depósito legal) a entregar un exemplar dos libros que publicasen en España.
En 1836 a Biblioteca pasa a denominarse Nacional, e a súa actividade deixa de depender da Casa Real para selo da Administración pública.
Se queredes coñecer máis...

Ningún comentario :