luns, 27 de abril de 2009

Exposición sobre a Historia do Libro



Como xa comentaramos,estábamos a piques de inaugurar unha exposición sobre o libro e a súa historia.
Onte (maís vale tarde que nunca) abrimos as portas do noso gimnasio vello para que o alumnado e o público en xeral disfrutara da exposición.... o resultado está á vista; grazas a un grupo de profesores que nos deixaron as súas xoias (Carmela, Denise, Mª Félix, Concha, Loles, Luis, Rodrigo, Juan); a Cuchi que nos prestou a súa colección de plumas, plumillas, tinteiros e demáis; a Juan que desembarcou o seu taller de encadernación, a Sanesteban por explicarnos con unha gran xenerosidade cómo funciona unha imprenta, qué son as pólizas... e deixarnos un caixón con un cento delas;a Cueros Alba por aportarnos unha pluma real... a os alumnos que nos deron a súa visión, aos profes que aproveitan a exposición cos seus alumnos... e a tantos que nos apoiaron e arrimaron o hombreiro para que esta idea fose realidade:

GRAZAS

Invitamos a todos a visitala os martes e xoves pola tarde, porque polas mañás tanto Loles coma eu non estamos todo o tempo a disposición dos visitantes... aunque tamén poderíamos facer un esforzo con "cita previa".

Para os que estades lonxe podemos deixaros ademáis das fotos e os paneis, os materiais de explotación da mesma para os profes, boletín de traballo para os alumnos, marcapáxinas, pegatinas de agasallo.
OU ben nun site cos materiais.

Mañá colgaremos as fotos para que vexados o bonitísima que nos quedou!

Ningún comentario :