lunes, 29 de junio de 2009

Último boletín e despedida

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Como sempre que chegan estas datas publicamos o derradeiro boletín das cousas da biblioteca e nos despedimos ata o novo curso.
Vos desexamos un relaxante periodo de lecer e moito tempo para ler.
Un saúdo e ata a volta.

domingo, 28 de junio de 2009

Ao poeta do Courel


SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

SE O PASADO É PASADO
Uxío Novoneyra

lunes, 15 de junio de 2009

Enseñame a pensar




¿Estamos preparados para nuestros alumnos?

¿Estamos a su altura?

¿Tenemos algo que enseñarles?

Tenemos alumnos del s XXI, y nosotros ¿de qué siglo somos?

viernes, 12 de junio de 2009

O libro das viaxes imaxinarias


"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o memento mesmo en que puxo un pé dora dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato."

Así empeza esta viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e ríos, comecendo as súas xentes...

Cadernos de viaxe -unha viaxe tamén ao interior de nós mesmos-, evocadores e poéticos que nos trasladan a mundos imaxinados, reais e fantasiosos: uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

O libro das viaxes imaxinarias, froito da coedición de Anaya Infantil y Juvenil e Xerais, preséntase nun formato inusualmente esvelto (19,5 x 29), con encadernación acartonada e sobrecuberta, ademais de incluír un despregabre de oito páxinas.

"O libro das viaxes imaxinarias" from Martin Pawley on Vimeo.

jueves, 11 de junio de 2009

Mi hijo era un desastre....

"Mi hijo era un desastre"... Fue un trato muy poco convencional: Jesse podía dejar de ir al instituto, dormir todo el día, no trabajar y no pagar alquiler, pero a cambio tenía que mantenerse alejado de las drogas y ver tres películas a la semana con su padre, el crítico de cine canadiense David Gilmour. Jesse aceptó de inmediato y, al día siguiente padre e hijo comenzaron con la primera película de la lista: Los cuatrocientos golpes, de François Truffaut. A lo largo de tres años, padre e hijo vieron todo tipo de películas, desde las consideradas joyas del cine hasta los grandes bodrios de todos los tiempos. Con el trasfondo de El padrino, Instinto básico, Showgirls, Ciudadano Kane o La ley del silencio, David y Jesse hablan de los principales directores de cine, de las escenas célebres y de los actores que las protagonizaron, y poco a poco sobre todo tipo de temas: chicas, música, mal de amores, trabajo, drogas, talento, dinero, amor, amistad… Cineclub es un repaso personal a la historia del cine, un desafío a nuestras nociones de la educación y, sobre todo, la historia real y conmovedora acerca de cómo un padre y un hijo sortearon una época muy especial en su relación; el periodo en que los hijos se encierran en sí mismos y los padres pierden la oportunidad de llegar a ellos. Esta es la historia de una decisión que lo cambió todo.


miércoles, 10 de junio de 2009

Recomendacións para o verán...



Dí Xabier P. Docampo que


"sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia"


e pensándoo ben, así ten que ser porque ese acto de xenerosidad que tiñan os nosos pais e nais cando de pequenos íamos para a cama con un conto, aquelas historias que nos contaban o avó ou a avóa de cando eran nenos, historias tradicionais, lendas... e que despois non nos deixaban pegar o ollo ou nos facían voar... todas son mostras de amor.

Ou pensades que calquera vai pararse na rúa para contarnos un conto sen coñecernos!

Pois ben, no grupo da biblioteca temos algunha idea de historias para pasar un verán entretido, non é que vos amemos... pero como nos caedes ben, aquí tedes unha selección das lecturas que lles recomendariamos aos que queremos. Por que non aproveitala para vos tamén!!!


domingo, 7 de junio de 2009

Rosa Aneiros


O venres os participantes nas Xornadas de Clubs de Lectura disfrutamos de todos os relatores, das súas visións da lectura, as súas experiencias como lectores e como dinamizadores da mesma entre os rapaces.
(Se queredes saber máis visitade o blog do Segrel do Penedo)
Entre eles tivemos a visita de Rosa Aneiros, autora de Eu de maior quero ser, Corazóns amolecidos en salitre, O xardín da media lúa, Veu visitarme o mar, Resistencia entre outra obras.
Resultou do máis animada a súa conversa, explicándonos a súa experiencia como asistente aos encontros con autores dos clubs de lectura de Galicia, e a cen por hora, porque non pode falar doutro xeito, amosounos canto lle gusta ler, e aprender dos lectores porque cada un "le o que quere ler"; temos un prisma persoal polo que filtramos o que lemos e, según a nosa experiencia persoal, facemos noso o que lemos.
Saímos todos con gañas de ler Resistencia e o resto da súa obra. Foi unha ledicia escoitala, e máis hoxe ler nos xornais que gañara o premio Xerais de novela con "Sol de Inverno" ademais do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con "Ás de bolboreta".

Norabóa Rosa e grazas por facernos disfrutar coas túas verbas.

viernes, 5 de junio de 2009

Seguidor@s de Laura Gallego



(Haz click en la imagen para ampliarla)

Como podeis ver, el próximo lunes podeis participar en una entrevista online a vuestra autora favorita.
Para más información web oficial de Laura Gallego o periódico "El País"

jueves, 4 de junio de 2009

Georg Friedrich Haendel




No aniversario da súa morte, recordamos a este mágnifico compositor escoitando algunhas das súas obras:

Suite para harpsichord nº 4, HWV 437
Música acuática, HWV 348-50

E a miña favorita da ópera Rinaldo: Lascia che io pianga

Contemporáneo de Johan Sebastian Bach quizáis non ten a súa fama pero foi un dos primeiros compositores de quen se escribiu unha biografía (1760), que tivo celebracións polo centenario do seu nacemento e a súa música se publicou na súa totalidade (corenta volumes, 1787-1797). Ludwig van Beethoven alabou estas publicacións.
Comproba neste cadro as películas onde se empregaron as súas obras como banda sonora.

martes, 2 de junio de 2009

Novo recurso para mirar o arte doutro xeito: EducaThyssen



Educathyssen é a web de Programas Educativos do Museo Thyssen ao longo do ano 2008, a Área de Investigación e Extensión Educativa do Museo Thyssen-Bornemisza, con unha función de investigar no referente á Educación e divulgación das súas Coleccións, traballa nun ambicioso proxecto de creación de novos recursos educativos que se poden encontrar nesta web .... (seguir lendo)
Nel pódense encontrar unha gran cantidade e variedade de recursos educativos sexa cal sexa a nosa necesidade nesta materia. Hai recursos para todos os niveis da Educación Formal e para moitas materias ou intereses, xa sexan, por poñer uns exemplos: Educación Artística, Matemáticas, Historia da Arte ou Botánica.

lunes, 1 de junio de 2009

Novela negra e jazz, xenial combinación de Andreu Martín


Hoxe rescatamos dúas obras agochadas no andel. A editorial EDEBE iniciou a serie “Asesinatos en Clave de Jazz” porque ler un libro que ten banda sonora propia con unhas cancións que están directamente relacionadas co texto supón unha experiencia indescriptible.
Andreu Martín é un dos autores máis coñecidos entre o noso público coa súa serie sobre Flannagan pero agora con "El blues de la semana más negra" e "El blues del detective inmortal" ademais de ternos en vilo coa intriga que lle caracteriza, regálanos unhos discos de jazz específicos para os relatos.
Se queres podes ler unha entrevista có autor sobre esta serie, sobre a novela negra e a música.
Esperamos que as disfrutedes!