sábado, 30 de abril de 2011

Xornadas Literarias en Neda


Como xa vos comentabamos con anterioridade, as Xornadas literarias de Neda este ano adicaronse ao gran escritor ruso Fiodor Dostoievski, e como desde o seu inicio o IES Fernando Esquío participou co traballo dun dos grupos do club de lectura "Pantasmas de Papel".
Loles e os seus lectores fixeron unha posta en escea dunha sesión do club para falar dunha das obras do autor "El jugador" ademais de facer unha liña do tempo e un power point sobre a tormentosa vida de Dostoievski.
As xornadas foron un gran éxito xa non só polos relatores e especialistas invitados por parte do concello de Neda, por Manuel Grueiro en concreto, e pola universidade da Coruña, senón pola visión fresca duns rapaces de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC, bos lectores e sobre todo entusiastas da lectura.

Norabóa polo traballo que estos días estará exposto na entrada do instituto!

luns, 25 de abril de 2011

Campaña Fahrenheit 451: Salvemos un libro





En esta semana del libro y aprovechando que en uno de los grupos del club de lectura leemos Fahrenheit 451, hemos propuesto a todos nuestros lectores que aportasen su grano de arena, su mota de ceniza, su aportación como hombre-libro tal y como aparecen en la versión literaria de Ray Bradbury o cinematográfica de Francoise Truffau.
Las propuestas son de lo más diverso, como no podría ser de otra manera.
En las fechas siguientes colgaremos las fotos de la exposición de la selección de las mismas así como el top 20, 30 o 50 de las sugerencias...

venres, 22 de abril de 2011

Por qué es importante leer




Todos a los que nos gusta la lectura sabemos lo importante que es, pero gracias a 1001 Libros lo recordamos:

Leer estimula tus funciones cerebrales, mientras que viendo televisión o descansando sin hacer nada el cerebro descansa igualmente y no necesita esforzarse, cuando lees piensas, reflexionas te ves intentando preguntas y esperando respuestas, la función cerebral se intensifica y te beneficias por que la inteligencia es el resultado de esos procesos mentales, que sí, que leer te hace más inteligente.

Leer te aporta una visión más amplia de culturas, pensamientos y lugares, te permite obtener la perspectiva más global de los temas que te interesan y te hace formarte opiniones sobre una variedad de temas, analizar situaciones y reflexionar. Te permite entender culturas y formas de vida y te hace formarte una visión más tolerante del medio.

Leer te ayuda a enriquecer el vocabulario, porque el proceso de leer constantemente sin duda alguna aporta muchas palabras que no conocías y te verás haciendo un uso mejor del idioma, leer mejora tu ortografía y ayuda a tu redacción.

Leer relaja, motiva, enseña, calma, apasiona y es lo mejor en que puedes gastar el tiempo.

Leer al completo...

xoves, 14 de abril de 2011

Exposición 14 de abril






En esta fecha los alumnos de 2º de BAC montaron esta exposición sobre la Segunda República. El conocimiento de nuestra historia es necesario para evitar errores y por ello os acercamos a este periodo de nuestra historia reciente.
Con el nombre de Segunda República Española se conoce el periodo político de la historia de España comprendido entre el 14 de abril de 1931 (fecha de la proclamación del sistema republicano como forma de organización del Estado en sustitución de la monarquía) al 1 de abril de 1939 (fecha del final de la Guerra Civil Española que dio paso a la dictadura del General Franco). El numeral «segunda» obedece a la necesidad de distinguirlo del anterior periodo republicano que hubo, conocido como Primera República Española, que se desarrolló entre 1873 y 1874.

Durante este periodo se llevaron a cabo diversas reformas, como la agraria y la educativa. La Constitución de 1931 fue la primera constitución democrática de España y el país se modernizó en comparación con el entorno europeo. Fue también un período convulso, con varias huelgas y un enfrentamiento muy grave durante la revolución de 1934, cuando la derecha más tradicionalista se propuso modificar todos los avances republicanos y se encontró con una fortísima respuesta social duramente reprimida. En 1936, el golpe de Estado de una parte del ejército con el apoyo de las fuerzas más reaccionarias desembocó en la Guerra Civil Española y el fin de la república y del sistema democrático.

mércores, 13 de abril de 2011

Visitamos la casa de Ana Frank online

Hoy en La Voz de Galicia encontramos la referencia a la visita virtual de la casa de Ana Frank (1942-1944).
Esta versión «online» de la casa en Amsterdam, en el Prinsengracht, ha sido nominada para dos Webby Awards, los premios más importantes del mundo en el terreno de las obras en la web, informa hoy la edición digital del diario holandés «Het Parool».
La casa original de la familia Frank era en realidad su escondite, camuflado, denominado por la propia Ana la «casa de atrás» (Het acher huis), hasta que fueron descubiertos por los nazis. Anna fue deportada y murió de tifus en el campo de exterminio de Bergen-Belsen en 1944.
La página AnneFrank.org permite la visita guiada por todas la habitaciones de la casa de Ana Frank ha sido nominada a dos premios Webby en la categoría de «mejor institución cultural» y «mejor diseño visual». (seguir leyendo...)

domingo, 10 de abril de 2011

Xornadas Literarias adicadas a Dostoievski

(preme na imaxe para agrandala)

Como todos os anos o Concello de Neda en colaboración coa Universidade da Coruña, organizan unhas xornadas literarias para achegarnos un autor de renombre universal e ter outra visión da súa obra e personalidade. Este ano o autor é Fiodor Dostoievski e invitámosvos a participar a todos, do noso centro, como sempre Loles acompaña aos alumnos nunha ponencia e nunha sesión do club de lectura.

Toda unha honra participar nunhas xornadas ao lado de especialistas de prestixio!

sábado, 9 de abril de 2011

Emocionámonos con Xosé Neira Vilas

O pasado venres na clausura dos Encontros do PLAMBE tivemos a sorte de escoitar a Xosé Neira Vilas, e tal e como dí a nosa compañeira do IES de Poio, Anxos, emocionabamos coa súa figura. Xa non só polos comentarios dunha vida adicada á lectura senón polo xeito de achegarnos o recordo da súa dona, sempre presente en todo o percorrido vital, como cando nos invitaba a descubrir a súa infancia... Non podo describir os sentimentos que provocou na audiencia que puxémonos en pé en máis dunha vez con este magnífico escritor convertido en tenro ser humán no máis estricto valor da palabra. Desbordaba humanidade.
Grazas a Cristina e Pilar, asesoras das BEs, por achegarnos a él.

Grazas a Anxos da que reproducimos a síntese da charla có autor, porque nos non podemos dicilo mellor.

E grazas a Xosé Neira Vilas por seguir vivo e tan lúcido neste mundo de tolemia.

Podemos entrar nos contidos online dos Encontros como convidado e ver as aportacións dos compañeiros xunto coa nosa, porque o Blogfesquío estivo alí co noso traballo respecto ao cine.

E agora o texto das Zocas Faladoiras:

"No día de onte e no marco dos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 asistimos moi conmovidos a un agradable encontro co escritor Xosé Neira Vilas, o cal puxo un marabilloso e emotivo broche final a unhas xornadas xa de por si magníficas; falounos de libros e de bibliotecas, das súas experiencias persoais cos libros e coa lectura, narrounos episodios da súa vida, que nalgunhas ocasións nos trouxeron á memoria algunhas esceas da súa obra máis coñecida e da cal celebramos este ano o 50 ANIVERSARIO: Memorias dun neno labrego, comprobádeo senón:

Galicia: " Eu tiña que andar oito quilómetros ida e oito quilómetros de volta para ir á escola tres días á semana, e non por un camiño asfaltado, polo medio do monte, con pedras e cheo de lama"... " Os xoguetes faciámolos nós polo que non os rompiamos e ademais aprendiamos a usar as ferramentas" "Eu pedía libros a Barcelona para poder ler e escondíaos debaixo das tellas"... "Aos 16 anos traballaba nun aserradeiro"


Arxentina: "Quería estudar e estudei xornalismo"... "Lía moitos libros que logo lle daba a dúas escolas"... "Anisia e eu fundamos unha distribuidora do libro galego Follas Novas, co fin de difundir o libro galego en toda América, co 30% que lle gañabamos aos libros invertiámolo en libros galegos que ían ás bibliotecas"


Cuba: "En Cuba había daquela 6,4 libros por habitante" ... "Alí os mestres teñen moito prestixio social ... non hai suspensos, o suspenso é un problema de honor para o mestre e todos colaboran paa que non se suspenda"...


"Memorias" está considerado o primeiro libro da literatura infantil e xuvenil pero non foi escrito para nenos: Eu dixen hai que contar isto, o drama dos campesiños (os libros que daquela había sobre campesinos daban unha visión chocalleira dos mesmos), eu tiña trinta anos; Escribía nun caderno as historias de Balbino, igual que Balbino. Escribía nun café e o primeiro lector de "Memorias" foi o camareiro daquel café, o segundo foi Anisia e o terceiro Rafael Dieste. Hoxe en día está publicado a múltiples idiomas e hai tamén unha edición en Braille para cegos publicada pola ONCE de A Coruña. Eu sempre andei entre libros, diciase dun home "acariñaba os libros como un avaro acariñaba as moedas"... "Agora recibo homenaxes e discursos: Este tipo de discursos faise cando o autor está morto e eu pido disculpas porque estou vivo."


Nese momento o auditorio comezou a aplaudilo, levantuose e durante un longo rato permaneceu en pé aplaudindo en homenaxe ao autor, o cal humildemente devolvía os aplausos ao auditorio; toda unha lección de humanidade, as súas fermosas palabras e a súa actitude cun público que se desbordaba de admiración polo escritor... realmente foi o mellor regalo para rematar estas xornadas."


Para unha información máis técnica e ver unha presentación de fotos sobre as xornadas remitímosvos ao blog do IES de Fene "O Segrel do Penedo": O Segrel do Penedo. Encontros Plambe 2011


AS ZOCAS FALADORAS: EMOCIONÁMONOS CON XOSÉ NEIRA VILAS

mércores, 6 de abril de 2011

domingo, 3 de abril de 2011

La lectura inspira


How tired I am of this unbearable distance between us. How I long for the toll of the recess bell. Have you forgotten me? Grown mindless of me? Tell me I am not writing into an abyss. Or that is what will become all my heart.
Sólo un lector puede escribir así. No dejemos de leer!

sábado, 2 de abril de 2011

2 de Abril con Xoán Farias


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


As BIBLIOTECAS dos colexios e institutos públicos de FERROLTERRA adicámoscho


"Carga coas túas dúbidas e entra na biblioteca. Aí están todas as respostas das que dispón o home.Non son todas as que o home quixese, pero de momento é o que hai. Le, neno, enche as maletas, pero non por iso deixes de correr e rir, cantar e namorarte. A vida tamén é un bo libro e merece a pena lelo con ledicia."


Xoán Farias


Entra no sites conmemorativo e disfruta do traballo colaborativo das BEs da comarca, entre eles atoparedes o noso.