luns, 9 de xaneiro de 2012

PCPI no BlogFesquío



Como sabedes no centro temos un programa de PCPI no que alumnos do centro e de fora do mesmo reciben formación inicial profesional, nestes dóus anos, de electricidade.
E como a información é fonte de sabeduría non queremos deixar de abrir esta nova ventá de información ao mundo laboral desde o Blogfesquío tanto para o alumnado do PCPI coma para o resto.
Este novo blog nace tamén coa idea de que os propios alumnos do programa participen nel, así que pronto veredes o que están a facer e as súas experiencias no mundo laboral.
O acceso o tedes moi preto, premede na columna da esquerda na caixa de o Esquío na rede.

Ningún comentario :