luns, 7 de maio de 2012

"Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial". Día das Letras Galegas 2012


Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2012 EducaBarrié propón, na sección da Biblioteca da Fundación Barrié, un concurso dirixido a tódolos centros de ESO e bacharelato galegos, baseado na webquest Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial. Día das Letras Galegas 2012.
O obxecto do concurso é a revitalización do xornal Galicia. Os participantes deben integrar contido nunha planilla, que representa a portada do periódico, que podedes descargar seguindo as instruccións da webquest:Medrando co xornal Galicia e Valentín Paz Andrade.

(O concurso ampliou o prazo de inscripción  até o 17 de maio e o plazo de presentación de traballos até o día 8 de xuño.)

Animádevos a participar!




Ningún comentario :