miércoles, 25 de abril de 2012

Manifesto para un ambiente de lectura en la escuela


Reproducimos as verbas de Emilio Roca, bibliotequero, amigo e amante da lectura, sobre o "Manifesto para un ambiente de lectura en la escuela" ao que nos sumamos:

GRAZAS EMILIO

"Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura. O dito, propóñovos a súa lectura".

Manifiesto en El rapsoda.



lunes, 23 de abril de 2012

Reading Inspires Children



How tired I am of this unbearable distance between us. How I long for the toll of the recess bell. Have you forgotten me? Grown mindless of me? Tell me I am not waiting into an abyss. Or that is what will become of my heart.


Sólo un lector puede escribir así. No dejemos de leer!

lunes, 16 de abril de 2012

Primeiras páxinas: Las lágrimas de Caperucita



Él la llama Caperucita Roja cuando la ve bajar por la cuesta con una cesta en el manillar de la bicicleta. Caperucita Roja, porque el vino y la comida que lleva en la cesta son para el abuelo que simula encontrarse solo. Caperucita Roja, porque el camino que sale del bosque es oscuro y pedregoso. Caperucita Roja, porque hace tiempo que está en manos del lobo... Beate Teresa Hanika relata con tacto y sensibilidad la historia de una chica que atraviesa una situación muy difícil. Pero también es la historia de una amistad tan grande como el ancho cielo y de un primer amor tan tierno y delicado como los copos de nieve.


Club Kiriko.
«Como la protagonista de Perrault, Malvina tiene que ir cada tarde a visitar al abuelo, para llevarle comida y compañía. Pero el abuelo se parece más al lobo que a la abuela del cuento, y el cariño que quiere de su nieta no es limpio e inocente. La impotencia de esta adolescente, que no es comprendida en su propia casa, se compensa con la relación con un chico especial que comparte con ella sus inquietudes»,



jueves, 12 de abril de 2012

Una hija no es un hijo


La historia de las niñas y las jóvenes desde la Antigüedad hasta nuestros días es dobre todo, aunque no únicamente la historia de su preparación para cumplir el papel de muher en una sociedad masculina, ya que la idea de que las niñas y los niños deben tener los mismos derechos es relativametne reciente y el camino hasta conseguir la igualdad de derechos efectiva entre los sexos ha sido largo. Con el apoyo de su gran experiencia como historiadora y novelista, Wiebke von Thadden describe este progreso en un diálogo fúido con su nieta Reneca, en el que demuestra que, cuando no habla de grandes acontecimientos y personalidades, la historia también puede ser apasionante.

El libro empieza así:

LA HISTORIA DE LAS NIÑAS... dicho así suena muy gácil, como si sencillamente se tratase de reunir y poner por escrito todo lo que sabemos sobre la vida de las niñas en tiempos pasados, igula que se hace cuando se escribe, por ejemplo, la historia de los caballeros medievales o de los descubridores. Pero ¿es posible hacerlo también en el caso de las niñas?
La pregunta tiene dos respuestas. Por un lado, sí, es posible, pues la historia de las niñas ha sido siempre la misma desde sus inicios. El lugar de las niñas está en el hogar, aprenden tareas domésticas y a llevar una casa, se casan y se trasladan a la casa de su marido. Lo único que importa es el montante de su dote, la personalidad del esposo y el esplendor de la boda; incluso sus hijos e hijas interesan muy poco, puesto que pertenecerán a la familia del marido. Por lo tanto, se podría pensar que basta con ir siguiendo la evolución de ester modelo a lo largo de los tiempos y ya tendríamos la historia de las niñas.
Sin embargo , la segunda respuesta a nuestra pregunta es: no, no es posible, pues las fuentes históricas no nos cuentan prácticamente nada sobre las niñas y, aunque estuviésemos dispuestas a esudriñar toda la literatura escrita en la Antigüedad y en la Edad Media, aunque revisásemos todo lo que entonces se dijo, apenas encontraríamos un puñado de hermosos y también tristes relatos y un par de datos objetivos. Sölo podemos saber algo de las niñas que, por alguna circunstancia particular, llamaron la atención de sus contemporáneos....Esto empieza a cambiar--poco a poco-- a partir de los inicios de la Edad Moderna europea.... (si quieres seguir leyendo encontrarás la obra en la biblioteca)

miércoles, 11 de abril de 2012

X Xornadas Literarias do Concello de Neda





Como todos os anos a Biblioteca Municipal de Neda en colaboración coa Universidade de La Coruña propoñen un autor a reseñar e estudar para conmemorar o Día Internacional do Libro. Despois de Faulkner, Dostoievski, Proust, Woolf, Cortazar e Cervantes, entre outros, este ano propóñennos un autor vivo, o cal é de agradecer, Bob Dylan, e aínda que non é un autor convencional como calquera dos outros que publicaron a súa obra en papel, nesta ocasión seguro disfrutaremos coa poesía da súa música.

Non deixedes de inscribirvos!





martes, 10 de abril de 2012

No Titanic tamén había unha sala de lectura...


... e propoñémosvos unha actividade hoxe que se conmemora a súa botadura.

Como todos saberedes o RMS Titanic era o segundo dun trío de transatlánticos coñecidos como clase Olympic. O Titanic foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e luxoso do mundo, seguido polo RMS Olympic.



O 10 de abril de 1912, o Titanic iniciou a súa viaxe inaugural partindo dende Southampton (Inglaterra) con destino a Cherburgo, Queenstown e finalmente a Nova York. Catro días máis tarde, ás 23:40 do 14 de abril, o buque chocou cun iceberg ao sur das costas de Terra Nova, e afundiuse ás 2:20 da mañá do 15 de abril. O sinistro saldouse coa morte de 1.517 persoas, e nesa época converteuse no peor desastre marítimo en tempo de paz.

Imaxinarémonos que estamos na súa sala de lectura e debemos poñer a salvo os nosos libros favoritos. Para eles utilizaremos a tan socorrida mensaxe na botella, pero nesta ocasión tratarase do "libro na botella".

Propoñémosvos que participedes no concurso-exposición que inauguraremos o 23 de abril, Día Internacional do libro, para iso:


  • Escollede un título que queirades salvar.
  • Nunha tira de papel de aprox. 8 x 15 cms.(dependendo do tamaño da botella) escribiredes o título xunto a un logo ou debuxo alusivo a este.
  • Introducirédelo enrolado nunha botella transparente.
  • Entregarédelo ás profesoras bibliotecarias xunto a un sobre pechado co voso título e nome do participante nunha tarxeta.
  • O último día para entregar a botella co sobre será o venres 20 de abril.
  • Realizarase unha votación para elixir a botella máis orixinal e os resultados faranse públicos o venres 4 de maio.

    viernes, 6 de abril de 2012

    Iniciarte: Mosteiro de san Xoán de Caaveiro nas Fragas do Eume


    Antonio Martinez do IES Afonso X acaba de publicar no seu blog Iniciarte unha fermosísima reseña do Mosteiro de Caaveiro nas Fragas do Eume do que non podo deixar de facerme eco. O atoparedes no seguinte enlace:



    Grazas Antonio

    lunes, 2 de abril de 2012

    Día Internacional do Libro Infantil 2012

    Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
    Cada ano unha sección nacional do IBBY patrocina o Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e un recoñecido ilustrador para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
    Este ano, a sección encargada foi México. O cartel foi ilustrado por Juan Gedovius;y a mensaxe co lema Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro foi escrito por Francisco Hinojosa:


    Había una vez un cuento que contaba el mundo entero. Ese cuento en realidad no era uno solo, sino muchos más que empezaron a poblar el mundo con sus historias de niñas desobedientes y lobos seductores, de zapatillas de cristal y príncipes enamorados, de gatos ingeniosos y soldaditos de plomo, de gigantes bonachones y fábricas de chocolate. Lo poblaron de palabras, de inteligencia, de imágenes, de personajes extraordinarios. Le permitieron reír, asombrarse, convivir. Lo cargaron de significados. Y desde entonces esos cuentos han continuado multiplicándose para decirnos mil y una veces “Había una vez un cuento que contaba el mundo entero…”(seguir lendo)