xoves, 14 de novembro de 2013

Exposición Ano da Estatística


A estatística que comezou como un instrumento do estado par facer censos de poboación, recadar impostos, recrutamento de homes para ir a guerra...evolucionou ata o que coñecemos a día de hoxe, a ciencia que se encarga da recollida de datos, tratamento e representación dos mesmos para obter conclusións e nalgúns casos facer proxeccións de futuro.
Nestes días teremos no centro unha exposición para achegarnos  á súa historia e protagonistas, veremos como se fan as estatísticas e a súa utilidade.
Aproveitamos a exposición de carteis, que compartimos cos IES Xoán Montes de Lugo e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, elaborados polo profesor da Universidade Politécnica de Cartagena Mathieu Kessler para celebrar o Ano Internacional da Estatística. Como ben podedes ver neles está a resposta á vosa pregunta..."e esto para que serve?" 
Moitísismas grazas aos departamentos dos institutos mencionados e por suposto ao autor da exposición  Mathieu polo seu esforzo e xenerosidade.

Para comprender a exposición vos propoñemos dous boletíns:
Estatística 1              Estatística 2               Estatística 3

(Grazas mil a Teresa e Víctor)

Ningún comentario :