mércores, 21 de xaneiro de 2015

Novidades: Cabeza de pelouro

Un libro sobre o esforzo dunha rapaza alxeriana por saír adiante en Europa. Un libro sobre a intolerancia. Aïcha non é unha adolescente calquera. De orixe alxeriana, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa, á vez que se ocupa do seu irmán  maior, Mouloud, cheo de obsesións e ao bordo da tolemia. Descobre o difícil pasado da súa nai en Alxeria e o preocupante presente e incerto futuro nunha sociedade marcada polo racismo, do que se ten medo de falar.Unha historia sobre unha sociedade enferma de racismo...
Novísimo tema do que estamos a tratar nestes días, non sí? Achégate pola biblioteca a coñecer a obra de Jean-Paul Nozière.

Ningún comentario :