domingo, 18 de outubro de 2015

Nas obras de Shakespeare todo o mundo morre

Todo el mundo muere en las tragedias de Shakespeare

“Antes de Shakespeare, o personaxe literario cambia pouco; represéntase ás mulleres e aos homes envellecendo e morrendo, pero non cambiando porque a súa relación consigo mesmos, máis que cos deuses ou con Deus, cambiase. En Shakespeare – escribe Harold Bloom -, os personaxes desenvólvense máis que despréganse, e desenvólvense porque se conciben de novo a si mesmos … A morte, forma final do cambio, é a preocupación palmaria das traxedias e historias de Shakespeare, e a preocupación escondida das súas comedias”. Caitlin S. Griffin reuniu case todas as mortes do xenio   falta a de Ricardo III!  nesta infografía tan didáctica como divertida.

Hamlet, Falstaff, Macbeth, Yago, Shylock, Rosalinda… todos os grandes personaxes de Shakespeare cambian ao longo da súa obra, ou das súas obras -, algúns ata o seu cambio definitivo. Todo o mundo morre nas traxedias de Shakespeare? Non, claro que non, pero se un actor consegue un papel en “Tito Andrónico”  as súas posibilidades de chegar ao último acto diminúen conforme aumentan as dunha morte terrible. Con 14 personaxes mortos, é a obra de Shakespeare na que máis personaxes falecen, o que obrigou ao autor para imaxinar ata sete maneiras distintas de morrer...

Seguir lendo en Después del hipopótamo

Ningún comentario :