luns, 5 de decembro de 2016

Pequenos grandes xestos...


Hoxe vos presentamos estas dúas xoias a favor da igualdade e a non discriminación.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos, tal e como recolle a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A pesar diso, moitas persoas son tratadas de maneira desfavorable en función do seu xénero, cor de pel, relixión, opinións políticas ou orientación sexual. Este trato diferente é a discriminación.
Este libro recolle a historia de persoas que se rebelaron contra a discriminación, defendendo os seus dereitos ou os daqueles que sufrían algún tipo de exclusión e marxinación. Estes son só algúns exemplos. Aínda queda moito por facer...
A historia demóstranos que existe un espírito que se nega a renderse, un espírito encarnado por homes e mulleres que loitaron pola xustiza e a liberdade a través dos tempos.
Ao longo da historia, foron moitos os deportistas que deron exemplo de tolerancia, superación, traballo en equipo ou respecto ao outro. Algúns deles eran mundialmente famosos. Outros con todo eran persoas anónimas que nalgún momento lograron establecer unha marca máis aló do puramente deportivo. Pequenos grandes xestos no deporte recolle algunhas destas historias e trata de demostrar como o deporte pode ser tamén unha importante ferramenta para a transformación social.
Se queres coñecer ao autor e como xurdiu esta idea preme aquí.

Ningún comentario :