viernes, 21 de julio de 2017

XXI Premio Cervantes Chico 2017 Gonzalo Moure


El pasado 12 de julio de 2017 se reunió el Jurado del XXI Premio Cervantes Chico 2017 y acordó otorgar el premio de literatura infantil y juvenil a Gonzalo Moure, «por la extraordinaria calidad literaria del conjunto de su obra y por su amplia y brillante trayectoria profesional», así como por «su variada capacidad creadora en la temática de sus escritos y su importante labor de fomento de la lectura, lo que posibilita una fuerte conexión y cercanía con los lectores más jóvenes. Además, su empeño por llevar la cultura, los libros y la lectura allá donde no hay posibilidad, acredita su compromiso social con los más desfavorecidos».

Gonzalo Moure nació en Valencia en 1951. Destacan en él dos grandes facetas: la literaria, con una prestigiosa carrera en el mundo de la literatura juvenil e infantil, y la solidaria, con su involucración en proyectos humanitarios, como el Bubisher, bibliotecas y bibliobuses para refugiados en campamentos saharauis. 

Ha ganado numerosos premios y escrito grandes obras. La lista de las que disponemos en la biblioteca: ¡A la mierda la bicicleta!, Lili, Libertad, O bocexo do puma, Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake, Un loto na neve, Maíto Panduro, El síndrome de Mozart, El alimento de los dioses, A noite d'o Risón, Los gigantes de la luna, Palabras de CarameloTuva, Geranium 2204...

Gracias a LIJ-blogspot por avisarnos de la concesión.

Os dejamos las fotos de su visita a nuestra biblioteca hace ya unos años. 


¡Enhorabuena!

miércoles, 19 de julio de 2017

El 92,5% de los centros educativos de España dispone de biblioteca escolar

Para muchos la biblioteca escolar ha sido, es y seguirá siendo, el primer contacto con el mundo de las bibliotecas. Su presencia es fundamental en los centros educativos, así como su buena gestión y su predisposición para cumplir las funciones encomendadas, como por ejemplo mejorar del rendimiento de los estudiantes a través de los recursos y servicios disponibles. Para ello hace falta el liderazgo del profesional bibliotecario, su formación permanente y una buena planificación, además de tener en cuenta la transformación digital que estamos viviendo.
El pasado mes de junio, el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte hizo públicas las estadísticas de bibliotecas escolares del curso académico 2015/2016. El principal objetivo de las mismas es el de proporcionar información sobre las bibliotecas escolares en relación a las principales características relacionadas con su equipamiento e instalaciones, su actividad y sus recursos materiales, económicos y humanos.
Se tuvieron en cuenta únicamente las bibliotecas de centro, sin tener en cuenta las bibliotecas de aula ni las bibliotecas de ciclo/departamento. Según los resultados, el 92,5% de los centros educativos dispone de biblioteca escolar de centro....   Seguir lendo en Comunidad Baratz.

Para mostra unha imaxe, mirade a posición de Galicia na estatística do gráfico:
Porcentaje de centros con la biblioteca con blog o enlace dentro de la web y porcentaje con biblioteca presente en las redes sociales de Internet, por comunidad autónoma

miércoles, 28 de junio de 2017

Danza en ruta



O Concello de Neda ten o pracer de ser a primeira Vila que acollerá o programa Danza en Ruta vinculado ao Festival Vai de Baile de Ferrol, dentro da Rede Complicidades, Rede Galega de Festivais de danza en espazos urbanos.
Temos a sorte de contar coa participación de tres grandes bailarinas que representarán pezas en formato curto:
Irene Vázquez de Descalzhinha de Ferrol-Madrid.
Estefanía Dondi de Costa Rica.
Nuria Sotelo e Cristina Vilariño de Galicia.

A duración total é de 45 minutos o venres 30 de xuño ás 20.30 h na Rúa Real. (zona torre do Reloxo)

Se queredes velo noutras zonas da comarca...


 

lunes, 19 de junio de 2017

E sí que estivemos na X Xornada de Clubs de Lectura



Dez rapaces de 1º e 3º da ESO e unha lectora do club de lectura de adultos acompañáronnos a esta festa da lectura na X Xornada dos Clubs de Lectura. Como dicíamos no post anterior disfrutamos de encontros con autores, con outros clubs de rapaces, asistimos a obradoiros de booktubers, de programa de TV con Óscar López de Página Dos, de manga, deseño grafico, graffiti, rap, regueifas, de literatura de medo, de viaxes.... da entrega do III Premio dos Clubs de Lectura a Miguelanxo Prado, unha xornada de calor asfixiante e frescor coa temática de Somérxete!!!. 
Non deixaremos de agradecer á Asesoría de Bibliotecas, o CAFI e Consellería de Educación tan boa organización e tanto que ver e apreciar.

Moitas grazas

Velaquí algúns exemplos da difusión que tivo esta xornada na prensa e nas redes sociais:

jueves, 15 de junio de 2017

X Xornadas dos Clubs de lectura. Nos imos estar aí!




O 17 de xuño, en Compostela, celebrarase unha gran "quedada lectora" de integrantes dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia. 
Unha boa representación dos preto de 11.000 lectores e lectoras que, de forma periódica, se xuntan para compatir experiencia arredor dos libros e da lectura polos institutos e outros centros de ensino galegos, terán a oportunidade, xunto co profesorado que coordina estes clubs, de atoparse, compartir lecturas, experiencias e un importante número de actividades en compañía de autores.
Pedro Feijoo, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Suso Fraga, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Miguel Anxo Fernández, Antón Riveiro Coello, Antía Otero, Xosé Tomás, Fran Alonso, Berta Dávila, Tamara Andrés e Francisco Castro
Entre outros participantes nesta X Xornada dos Clubs de Lectura, Óscar López, xornalista cultural (Página 2), ou Luís Pardo (cadena Ser); críticos como Ramón Nicolás ou Montse Pena Presas; expertos do mundo da dobraxe (Anxos Ferradáns) e do cine (Jorge Coira) ou narradoras, como Soledad Felloza,  compartirán coas lectoras e os lectores o seu tempo e as súas experiencias. 
As regueifas, o rap, o graffiti tamén estarán presentes, así como o teatro, o circo e a música tradicional galega (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Haberá sesións específicas para profesorado que coordina os clubs de lectura, con Inés Miret e Mercedes Queixas. 
O final literario correrá a cargo de César MallorquíPremio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 e Premio Cervantes Chico 2015 a toda a súa obra xuvenil,  un dos autores en lingua castelá máis lidos polos clubs de lectura ano tras ano.
Unha grande celebración co gallo dos dez anos continuados da iniciativa CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia, dentro do programa HORA DE LER para o fomento da lectura no ámbito educativo.

Norabóa a todos os centros e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia 
por propiciar esta marabillosa aventura!

Ver o programa

martes, 6 de junio de 2017

lunes, 5 de junio de 2017

Premios Xerais 2017. Norabóa


Os distintos xurados das edicións dos Premios Xerais acaban de resolver a incógnita e os gañadores son:


Norabóa a todos e xa estamos desexando ler as novidades.




sábado, 3 de junio de 2017

Visita á Semana do Libro en Santiago



O pasado luns invitáronnos á Feira do Libro en Santiago de Compostela, a razón foi o 25º aniversario da publicación de O enigma de Embívicus de José Antonio Perozo. Onte venres xuntámonos algúns dos membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO cos lectores na época da súa saída ao mundo da literatura xuvenil e o mesmo autor.
Unha experiencia apaixoante porque tres dos nosos alumnos puideron participar como portavoces do grupo na rolda de conversa co autor e o editor Francisco Castro, director da editorial Galaxia á que temos que agradecer a experiencia e o convite.
Tamén tivemos o pracer de falar con David Cortizo da editorial Urco que nos explicou o nacemento da editorial os fondos que foron publicando e mesmo nos fixo unhas recomendacións que xa lle encargamos coa promesa de que nos ía traer algún autor para o curso que ven.
Logo de dar un paseo polo salón, mercar algún libro, non podía ser doutro xeito, fixemos unha escapada polo casco vello da cidade para visitar a biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, unha delicia aínda que como había moita xente estudando non puidemos revolver moito.
Esperamos que o pasaran ben e disfrutaran da experiencia.


lunes, 29 de mayo de 2017

A aventura do saber: Guías didácticas

A Aventura de Aprender é un espazo de encontro e intercambio ao redor das aprendizaxes para descubrir que prácticas, atmosferas, espazos e axentes fan funcionar as comunidades; os seus porqués e os seus cómos ou noutras palabras, os seus anhelos e protocolos.

Sen aprendizaxe non hai aventura, xa que as tarefas de aprender e producir son cada vez máis inseparables das prácticas asociadas ao compartir, colaborar e cooperar.

As guías didácticas incluídas nesta sección teñen por obxectivo favorecer a posta en marcha de proxectos colaborativos que conecten a actividade das aulas co que ocorre fóra do recinto escolar.
Sen aprendizaxe non hai aventura, xa que as tarefas de aprender e producir son cada vez máis inseparables das prácticas asociadas ao compartir, colaborar e cooperar.


Preme na imaxe para acceder



viernes, 26 de mayo de 2017

Y seguimos adorando a Roald Dahl


Acabamos de ver en las librerías 'Los fantastibulosos mundos de Roald Dahl', un paseo por los libros más conocidos del autor británico. Matilda, Charlie y la fábrica de chocolate, El fantástico señor Zorro... Todos ellos (y más) tienen un hueco en este libro escrito por Stella Cadwell y que cuenta con las ilustraciones clásicas de Quentin Blake. El libro perfecto para ahondar en las historias que ya conocemos e inspirarnos a releer.
Salió en diciembre coincidiendo con el año Dahl y se trata de un libro en formato grande, con troquelados, desplegables, libritos y todas esas cosas que gustan a los niños y a los no tan niños. Anotaciones del propio autor se mezclan con extractos de sus obras más famosas y convierten este libro en todo un objeto de coleccionista para los que no dejamos de soñar con los mundos mágicos que creó este escritor

 En el interior del libro, se encuentran distribuidos cuatro libritos, dos solapas grandes y un sobre C6 con una carta extraíble, que tratan sobre las historias más queridas de Dahl y adentran a los lectores cada vez más en sus irresistibles creaciones.
Contenidos:
  • Solapa troquelada: La tripulación del melocotón (James y el melocotón gigante)
  • Librito: Loompalandia, guía de campo (Charlie y la fábrica de chocolate)
  • Librito: Cómo ser un cretino (Los Cretinos)
  • Solapa: Manual de disciplina escolar de la señorita Trunchbull (Matilda)
  • Librito: Guía para la observación de los gigantes comehombres del País de los Gigantes (El GGB)
  • Librito: El manual del brujófilo (Las brujas)
  • Sobre con una cita, diseñado para que parezca una carta de Roald Dahl dirigida al lector.

Enquisa sobre o funcionamento da biblioteca no curso 2016/17

jueves, 25 de mayo de 2017

Vicente Araguas e a poética de Bob Dylan


Neste mes das letras, además da poesía de Raúl Vacas tamén contamos co noso escritor local para presentarnos a súa última aportación literaria: La poética de Bob Dylan.
Ademais da presentación da obra, de escoitar e ver ao compositor nuns videos e comentar a súa biografía, obra e falarnos da concesión do Premio Nobel de Literatura, Vicente Araguas desgranou vivencias da súa xuventude en Neda e os seus inicios na literatura e a música, ambas mostras excepcionais das artes.... no ano das artes nas bibliotecas escolares
Todo un luxo, gracias Vicente por achegar aos nosos alumnos a súa sabedoría e facernos disfrutar da música e a poesía con Bob Dylan

jueves, 18 de mayo de 2017

Novedades: Caperucita roja: ¿a quién tienes miedo?




La campana de la aldea dobla una, dos, tres veces: alguien ha sido asesinado.

Repica una cuarta vez...
El asesino es el Lobo.
En una época en que las aldeas son tan pequeñas que todo el mundo se conoce, una muchacha intenta abrirse camino en la vida. Y Valerie no es una «buena chica». Cuando el hombre lobo la elige, ella debe tomar una decisión imposible. Con un matrimonio concertado en su nombre y un amor sincero que la invita a la huida, Valerie no tiene a quién recurrir. Su padre está borracho en el pueblo, su madre desea controlarla, y las demás chicas... se apresuran a acusarla de brujería.
¿Quién la salvará? ¿O puede salvarse ella sola?
Caperucita Roja, ¿a quién tienes miedo?, en esta nueva, peligrosa y absorbente versión del cuento clásico, quizá resulte complicado dar con un final feliz.

miércoles, 17 de mayo de 2017

lunes, 15 de mayo de 2017

1000 Nenos cheos de vida


Dentro das actividades organizadas polo CFR de Ferrol dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa, e no marco dos cursos dirixidos ao profesorado sobre música coral, organizouse este acto para celebrar a festividade das Letras Galegas.
Navantia cedeu unha das súas naves para realizar e gravar a actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Fundamental foi a participación desinteresada do director dos coros Ramón Bermejo Díaz de Rábago e da coñecida interprete Guadi Galego.


Norabóa a todos pola iniciativa e aos rapaces por facelo tan ben!!

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Día Escolar das Matemáticas 2017: O turismo e as matemáticas


sábado, 13 de mayo de 2017

Homenaxe a Carlos Casares


Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, pero ao pouco tempo a familia estableceuse en Xinzo de Limia, onde seu pai tomara praza de mestre. Tanto Ourense como Xinzo deixarían unha fonda pegada na súa obra.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, publicando en 1965 os seus primeiros relatos na revista Grial, da editorial Galaxia.
Casares foi colaborador habitual na prensa galega, e a súa traxectoria foi adornada con diversos premios que recoñeceron a importancia da súa obra e a súa influencia na literatura galega.

Nos distintos contos que forman Vento Ferido móstranse diferentes temáticas: a infancia perdida, o desamor, a soidade da vellez, a crueldade dos nenos, a violencia, a monotonía ou a fatalidade do destino.

"Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar á súa vila natal anos despois de escapar dela. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, convertirase nun día que xamais esquecerá, no que as fantasmas do pasado non pasarán desapercibidas."

Raúl Vacas na biblioteca



O venres foi un día moi productivo, ademais de celebrar o Día Escolar das Matemáticas tivemos o pracer de contar coa visita de Raúl Vacas Polo, poeta salmantino có que atopamos a funcionalidade da poesía, según as súas palabras, "cando era rapaz e tiña algún problema desafogaba escribindo... así miña nai aforrou en psicólogos". Xogando coas palabras presentounos as súas obras acompañado da súa maleta chea de artiluxios... 
Moitas grazas por voltar a Neda cada vez que pasea por Galicia e prometer aprender a nosa língua da que está namorado pola súa sonoridade en palabras como brétema, vagalume...

viernes, 12 de mayo de 2017

Día Escolar das Matemáticas con Elena Vázquez Abal



No Día Escolar das Matemáticas contamos coa presenza da profesora de matemáticas da USC Dna Elena Vázquez Abal, especialista en xeometría, quen cun título tan suxerente nos descubríu que as matemáticas serven para todo, nos ensinou a ler os mapas e como mudaron ao longo do tempo. As matemáticas para nada son inútis no cotiá, ata na natureza fai contas: algúns insectos teñen un ciclo de vida de 13 anos para sobrevivir aos seus depredadores que teñen o seu ciclo de 5 anos.

Interesante achega da ciencia nas verbas desta xenial divulgadora, moitas grazas!

miércoles, 10 de mayo de 2017

Novedades: Santiago García-Clairac con B1terman

Bienvenidos a Digicity, la ciudad del futuro, la ciudad de la ciencia. Aquí, el gobierno, desde la imponente y majestuosa Torre Uno, controla con mano de acero el destino de todos sus ciudadanos. La tecnología digital es el nuevo Dios todopoderoso que decide por todos y garantiza la felicidad.

Erik Bíterman es un joven de 16 años y jamás se ha cuestionado la eficacia del sistema... Hasta que su padre es denunciado por cometer un crimen prohibido y abominable: la clonación de seres humanos. A partir de ese momento, Erik descubrirá que son muchas las voces que no están de acuerdo con el gobierno digital, voces analógicas que la policía reprime y silencia sin piedad. ¡Ha llegado la hora de rebelarse! Empieza la insurrección en el país más controlado y perfecto del mundo...


B1terman ya en la biblioteca

martes, 9 de mayo de 2017

Lúa do Senegal


Xaquín Ros acaba de facernos un agasallo precioso, como tiña previsto facer unha viaxe a Senegal por Pascua levou da biblioteca a obra de Agustín Fernández Paz para poñerse en contexto. Xaquín e Agustín foron compañeiros fai tempo cando o autor estivo por Ferrolterra de mestre polo que este agasallo ten un significado especial: Xaquín compartíu con todos nos esa Lúa da que fala Agustín e unha historia recollida in situ.
Disfrutade da fermosa imaxe e a maravillosa historia. GRAZAS mil Xaquín!

Matemáticas para el turismo y por doquier

La Asamblea General de las Naciones Unidas reunida en el año 2015 declaró el 2017 como Año Internacional del Turismo Sostenible para el Desarrollo. La importancia del Turismo en nuestra época, la era global, es incontestable; las propias Naciones Unidas ya habían resaltado la importancia de la actividad turística habiendo proclamado anteriormente los años 1966 y 2002 como Años del Turismo y del Turismo Ecológico, respectivamente.
Nos queremos añadir a esta celebración dedicando el Día escolar de las matemáticas al turismo y su incidencia en nuestra sociedad. El objetivo es que los alumnos vayan descubriendo e investigando su entorno, desarrollando trabajos cuantitativos y estadísticos sobre el turismo en su territorio, buscando cómo mejorar el atractivo de la zona y explorando qué recursos matemáticos dan valor al turismo local.
La propuesta para el año 2017 de las Naciones Unidas tiene un fuerte compromiso social y ambiental. Los números no son neutrales. Es un buen momento para reflejar la responsabilidad social del quehacer matemático.
Por este motivo, la propuesta de actividades la desglosamos en tres apartados:
  • Medir, visualizar, comprender
  • Matemáticas para el turismo
  • Turismo matemático
Las actividades propuestas han sido desarrolladas por Ángel Requena Fraile, socio de la Sociedad Melillense de Educación Matemática y de la Sociedad Madrileña de Profesores de Matemáticas «Emma Castelnuovo».

viernes, 5 de mayo de 2017

Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2017 (Banco del Libro)


El Banco del Libro (sección venezolana del IBBY) celebró una nueva edición de Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes, una interesante selección anual de títulos infantiles y juvenil de calidad elegidos entre los publicados por editoriales de habla hispana de España y Latinoamérica (tanto originales como traducciones).
El jurado infantil ha estado formado por Angela León Cervera Fabian Zaraza, Jaime Yañez, María Elena Maggi María y  Beatriz Medina. En el juvenil han participado Agueda Mannarino, Isabella Saturno y Valerie Weilheim. El jurado bibliotecario lo han formado Elena Ramírez Contreras, Natacha Moreno y Zaida Belisario.
Podéis consultar la lista de libros premiados en las distintas categorías (también puedes descargar el folleto en PDF)

jueves, 4 de mayo de 2017

Vidas extra


A nova campaña do Ministerio de Educación e Ciencia para o Fomento da Lectura baixo o lema 'Leer te da vidas extra' busca estimular o gusto polos libros entre o público infantil e xuvenil, a poboación con algunha clase de discapacidade, os grupos da sociedade que teñen dificultades no acceso á lectura e, en xeral, aqueles con índices de lectura máis baixos. Igualmente, se plantexa como obxectivo mellorar as competencias lectoras, un aspecto esencial na sociedade da información có desenrolo das novas tecnoloxías e redes sociais.

Visitade a web para conseguir a bolsa da campaña enviando unha foto vosa lendo ata o 15 de xuño!

miércoles, 3 de mayo de 2017

2 de Maio: Día contra o acoso escolar

Aínda que onte estivemos de ponte non queremos deixar pasar a declaración institucional do Valedor do Pobo de Galicia sobre o acoso escolar, un problema de todos e que nos estamos intentando reconducir grazas ao Programa TEI (Tratamento entre Iguais).


"O acoso escolar segue a ser unha cuestión que merece a atención de toda a sociedade.
A posta en marcha de medidas de detección, prevención e tratamento do acoso escolar nos centros educativos; así como das campañas de sensibilización e a crueza coa que as vítimas relatan as súas experiencias non conseguiron pór freo a esta realidade.
Neste 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar, lembramos que moitas situacións que chega a coñecer o Valedor do Pobo non poden nin deben ser toleradas no sistema educativo. Percibimos que os esforzos se centran excesivamente en tipificar a conduta, sen prestar a suficiente atención ao sufrimento da vítima.
O Valedor do Pobo da trámite a multitude de queixas cada ano en relación a esta problemática. Diferentes membros da comunidade escolar nos trasladan a incidencia destes problemas especialmente en Secundaria e,  de xeito máis alarmante, na etapa de Primaria."...
Seguir lendo desde a web institucional. 

Cumplimos 11 anos

ImageChef.com

sábado, 29 de abril de 2017

Os romanos en Galicia


Dona Ana Suárez, profesora da USC, veunos falar da presenza dos romanos en Galicia e a súa influenza posterior na nosa cultura. Unha das nosas profesoras fixo uns apuntamentos da charla que resultou moi instructiva, antesala do obradoiro de cultura clásica ao que os nosos alumnos asistirán o vindeiro 3 de maio:
"Trouxeron cubertas de tella, letrinas, cloacas. Foron os romanos  quen ideou iso das chaves para pechar as portas, - entre os castrexos quen ía pechar as portas?.   Depilaban o corpo e facían xoias para o común da xente: xoias de prata ou bronce. Mesmo xoias ben pequeñas, os aneis?: cousa de romanos.Salgaban o peixe  escrituraban as lápidas…E todo isto polo miúdo. De querer falar ao grande aí tedes a Muralla de Lugo, as Burgas en Ourense, o campamento romano de Bande ou mesmo o único faro en activo daqueles tempos: a Torre de Hércules.En fin, que seica somos algo roman@s."

lunes, 24 de abril de 2017

Os libros que nos deixan pegada


Dado que andivemos por Londimium cun grupo de alumnos vos deixamos un traballo que facer: deixar constacia dos libros que vos deixaron pegada na vosa vida de lectores.
A vosa resposta foi magnífica e por iso vos damos as grazas, e as vosas propostas moi interesantes, non deixaremos de tomar nota para que todos estén próximamente presentes no noso catálogo. Esta foi a vosa selección que como podedes ver é de calidade, hai poesía, manga, clásicos, romántica, negra, valores...

Negro, Carlos: Makinaria
Hardy, Thomas: Tess de Ubervilles
Gibson: Neuromante
Brönte, Emily: Cumbres Borrascosas
Gallego, Laura: Memorias de Idhún
Gallego, Laura: Crónicas de la torre
Gallego, Laura: El valle de los lobos
Gallego, Laura: La hija de la noche
Virgilio: La Eneida
Lewis, CS.: Las crónicas de Narnia
Aramburu, Fernando: Patria
Puzo, Mario: El padrino
Paolini, Christopher: Eragon
Lourenzo, Manel: Apocalise Z
Srta Bebi: Amor y asco
Bach, Richard: Juan Salvador Gaviota
Vázquez de Gey,Elisa: Una casa en Amargura
Tolkien, JRR.: El hobbit
Boyne John: El niño del pijama de rayas
Cooper, Glenn: La biblioteca de los muertos
Doyle, Arthur Conan: El sabueso de los Baskerville
Santiago, Roberto: El sueño de Iván
Moure, Gonzalo: Palabras de caramelo
Grandes, Almudena: Corazón helado
Neira Vilas, Xosé: Memorias dun neno labrego
Ruíz Zafón, Carlos: El príncipe de la niebla
Gordon, Noah: El médico
Maitena: Mafalda
Yourcenar, Marguerite: Opus Nigris
Rowling, JK: Harry Potter y la piedra filosofal
Isayama, Hajime: El ataque a los titanes
Sender, Ramón J.: Requiem por un campesino español
Eco, Umberto.: El nombre de la rosa
Palacio, RJ.: La lección de August
Martín, Andreu: El diario rojo de Flanagan


Moitas grazas por compartir con todos a vosa selección


jueves, 20 de abril de 2017

La vuelta al mundo en 144 libros: un mapamundi hecho con portadas



Un usuario de Reddit ha elaborado un mapa del mundo con la obra literaria más representativa de cada país, aunque nadie se ponga de acuerdo en esto...

Seguir leyendo en Verne de El País para ver la lista pormenorizadamente.


martes, 18 de abril de 2017

Xornalismo na Escola



O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ desenvolverán a partir desta semana varios obradoiros de xornalismo en centros escolares da comarca de Ferrolterra dentro da segunda edición de ‘Xornalismo na Escola’, unha iniciativa destinada a escolares de 3º e 4º da ESO dos institutos de ensino secundario de Galicia. O primeiro obradoiro da comarca tivo lugar hoxe día 18 no IES Fernando Esquío de Neda.
O IES Fernando Esquío de Neda acolleu o primeiro dos obradoiros que se imparte na comarca de Ferrolterra. Serán en total 37 alumnos que cursan 4º da ESO neste centro escolar os que participaron na actividade.
En toda Galicia está programada a celebración de 90 obradoiros, cos que se pretende chegar a uns 3.000 rapaces e rapazas de toda a comunidade. Ángel Castro, Susana Bastón, Sara Martínez, Xosé Lois Carrión, Águeda Penedo, Lucía Álvarez, Elvira Álvarez, Ángeles Fernández e Víctor Sariego son os xornalistas –todos eles con ampla traxectoria profesional– que se ocupan de impartir os talleres.
Durante os meses de marzo, abril e maio, os nove xornalistas axudarán a que a xuventude coñeza o funcionamento dos medios de comunicación e tratarán de estimular na mocidade o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag  #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata as que chegaron os obradoiros.
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

lunes, 17 de abril de 2017

Europa según sus obras


Preme na imaxe para acceder ao artigo

A arte atopa en Europa a algúns dos seus mellores socios. Picasso (España), Dá Vinci (Italia), Monet (Francia), Munch (Noruega), Klimt (Austria)... Naceron en séculos distintos, pero comparten continente. As súas mellores obras (e as de moitos outros) fan de fondo nos seus países neste mapa, que foi publicado en Reddit por halfabluesky o 13 de abril e que foi reproducido en medios de comunicación e outras redes sociais.

Vía Verne en El País

Outra versión da mesma idea a tedes en Europe's not dead

lunes, 10 de abril de 2017

Los beneficios de la lectura para nuestro cerebro

Beneficios de la lectura

Leer supone el ejercicio más eficaz para nuestro cerebro. Ya sabíamos que la lectura es productiva para aprender, ampliar vocabulario, avivar la imaginación o reducir el estrés, pero los avances en neurociencia de los últimos tiempos revelan que además, incluso a nivel fisiológico, leer es una de las actividades más provechosas a nivel cognitivo que podemos realizar.

Seguir leyendo en Literatura SM

jueves, 6 de abril de 2017

No mes da lectura e os libros: Los Futbolísimos ya están aquí


Enrique Lorenzo vio frustrada su carrera como futbolista profesional cuando un rinoceronte se sentó sobre sus rodillas en un safari. Ahora se dedica temporalmente a dibujar mientras espera a que les trasplanten las piernas de Messi.

Roberto Santiago ganó a los trece años una medalla con el equipo de fútbol de su colegio, el San Agustín.
Después ha escrito varias noveles y ha dirigido unas cuantas películas. Pero aún sueña con aquella medalla y con los amigos de entonces.
Por eso ha escrito  LOS FUTBOLÍSIMOS.

Entrad en la web de la saga y en nuestro catálogo para ver los títulos


miércoles, 5 de abril de 2017

Plan LÍA



O Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares é a folla de ruta  da que se dotou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para continuar o seu traballo  a prol das bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos. 
Lectura, Información e Aprendizaxe son os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado en:
  • Obxectivos xerais do Plan LÍA de bibliotecas escolares
  • Unha ducia de desafíos, ou retos que cómpre abordar
  • Liñas de acción e  medidas concretas

martes, 4 de abril de 2017

lunes, 3 de abril de 2017

Boletín especial no mes das letras

No mes do libro e a lectura: ¿Son los clásicos cosa del pasado?



Un clásico es una obra que nos acompaña en nuestro viaje existencial, a través de generaciones, y siempre guarda algo que enseñarnos.
Si atendemos a las palabras de Italo Calvino en su ensayo Por qué leer los clásicos, podríamos decir que...
... se trata de «un libro que nunca termina de decir lo que tiene que decir».Una obra valiosa tanto para quien la ha leído como para quien espera hacerlo, un texto imprescindible que forma parte del acervo cultural y del inconsciente colectivo de la humanidad por lo que cuenta o representa.
Un clásico siempre merece una o varias relecturas, un mérito que nos permite abordarlo a diferentes edades y descubrir, en cada una de ellas, algo nuevo que pasó desapercibido en un momento anterior.

Consejos

Vía Literatura SM

jueves, 30 de marzo de 2017

Dicionario de dicionarios do galego medieval


Falando das cantigas medievais e dos textos do noso trovador Fernando Esquío nos atopamos con algunhas dúbidas no vocabulario, para solucinalas acabamos de engadir aos recursos que atopades na columna da dereita Ante a dúbida... o Diccionario de dicionarios do galego medieval.

Podedes tamén premer na imaxe para acceder.

miércoles, 29 de marzo de 2017

Sempre aprendendo


A xente que estamos en bibliotecas escolares de vez en cando nos reunimos para aprender, porque os profes seguimos aprendendo de vos, nosos alumnos e doutros docentes que están levando á práctica actividades apaixoantes. En marzo tivemos os Encontros de PLAMBE, e en novembro as Xornadas de Bibliotecas Escolares das que acaban de sacar o vídeo-resumo... mirade a ver se recoñecedes a alguén... nos minutos 5:30 e 6:50 aprox, ademais de Xosé Tomás ao remate, ilustrador e docente a quen tivemos o pracer de escoitar fai un par de anos na nosa biblioteca.

Na web redeBE están os contidos de todos as sesións de información ás que asistimos.