mércores, 29 de marzo de 2017

Sempre aprendendo


A xente que estamos en bibliotecas escolares de vez en cando nos reunimos para aprender, porque os profes seguimos aprendendo de vos, nosos alumnos e doutros docentes que están levando á práctica actividades apaixoantes. En marzo tivemos os Encontros de PLAMBE, e en novembro as Xornadas de Bibliotecas Escolares das que acaban de sacar o vídeo-resumo... mirade a ver se recoñecedes a alguén... nos minutos 5:30 e 6:50 aprox, ademais de Xosé Tomás ao remate, ilustrador e docente a quen tivemos o pracer de escoitar fai un par de anos na nosa biblioteca.

Na web redeBE están os contidos de todos as sesións de información ás que asistimos.

Ningún comentario :