lunes, 15 de mayo de 2017

1000 Nenos cheos de vida


Dentro das actividades organizadas polo CFR de Ferrol dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa, e no marco dos cursos dirixidos ao profesorado sobre música coral, organizouse este acto para celebrar a festividade das Letras Galegas.
Navantia cedeu unha das súas naves para realizar e gravar a actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Fundamental foi a participación desinteresada do director dos coros Ramón Bermejo Díaz de Rábago e da coñecida interprete Guadi Galego.


Norabóa a todos pola iniciativa e aos rapaces por facelo tan ben!!

No hay comentarios :