sábado, 13 de mayo de 2017

Homenaxe a Carlos Casares


Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, pero ao pouco tempo a familia estableceuse en Xinzo de Limia, onde seu pai tomara praza de mestre. Tanto Ourense como Xinzo deixarían unha fonda pegada na súa obra.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, publicando en 1965 os seus primeiros relatos na revista Grial, da editorial Galaxia.
Casares foi colaborador habitual na prensa galega, e a súa traxectoria foi adornada con diversos premios que recoñeceron a importancia da súa obra e a súa influencia na literatura galega.

Nos distintos contos que forman Vento Ferido móstranse diferentes temáticas: a infancia perdida, o desamor, a soidade da vellez, a crueldade dos nenos, a violencia, a monotonía ou a fatalidade do destino.

"Por moito que intentemos escapar do pasado, dun xeito ou outro, este sempre volve a nós. Isto é o que lle ocorre a Milo, un rapaz de 23 anos que debe regresar á súa vila natal anos despois de escapar dela. Á súa volta descubrirá que tivo motivos máis que suficientes para marchar, e o que parecía un grato reencontro coa familia e os amigos, convertirase nun día que xamais esquecerá, no que as fantasmas do pasado non pasarán desapercibidas."

No hay comentarios :